Setembro de Víctor Jara
Santalla, Iago - miércoles, 30 de septiembre de 2020
Setembro deuche a vida e en setembro arrancároncha do xeito máis bárbaro que ninguén puido imaxinar: partiron a túa guitarra, esmagaron as túas mans e expropiaron a túa voz. Ficou tan só a conciencia como penedo ergueito fronte ao tempo que te transita polas xeracións.
Neste penedo nace un cachón de auga fresca na que alentos libertarios te erguen en innumerables voces
e cantas Víctor. Vas polo século XXI cantando como a estrela polar das loitas sociais. Dende o dereito de vivir en paz abrimos anchos camiños para ir contigo en recendo de liberdade
e cantas Víctor enchéndonos a alma de bandeiras soñadoras para camiñar en horizonte sen repetir vellas traxedias
.e cantas Víctor de Puerto Mont a Santiago poboando de soños aos que voz non teñen
e cantas Víctor facendo dignidade para erguernos en porvir sempre e tamén nas incertezas deste setembro
e cantas Víctor
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora