Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Nas escaleiras da Aira de Arriba

sábado, 26 de septiembre de 2020
Abel Mero Breo quixo subir polas escaleiras que levaban á Aira de Arriba pero como lle custou a causa dunha perna que non lle regulaba moi ben, optou por sentar no terceiro chanzo da mesma. Rañou un pouco nesa perna que o facía sufrir bastante e axiña se Pingas de Orballo: Nas escaleiras da Aira de Arribaquedou un pouco trasposto ante un pensamento que se lle subiu á cabeza. O de cando un día, máis en concreto, entre o lusco e o fusco, se sentiu acurralado no canellón que o levaba á estrada dos Milagres. Ó pouco de meterse pola canella logo notou un ruído e unhas parolas medio burlonas sobre a súa persoa. Identificou ós tres individuos que, sabía, se meterían con el: Bardo Celta, o fillo da Conacha; Caitán Alegre, o fillo do Sabugueiro; e Dalmacio Macías, o fillo da Estreñida. Sempre se metían con el. Porque Abel Mero Breo, o fillo da Gaiteira, a maiores do problema que tiña na perna, tiña outro aínda máis grande na cabeza; algo que os máis “espelidos” da vila usaban para tomalo por un boi de palla ou polo chifre do capador. E Abel Mero non erraba, xa que tan axiña como lle botaron a vista encima, empezaron coas aldraxes, cos insultos e cos agravios. O rapaz non tardou en deixar caer pingas de bágoas sobre a súa faciana. As mesmas que empezaban a caerlle na escaleira que sobe á Aira de Arriba. Ás veces, os recordos non son sempre felices nin a memoria se alegra ante unha infancia pasada. Non obstante, Abel tivo a sorte de que non tardou en aparecer por alí o seu irmán Efraín, que intentaba non perderlle ollo, porque sabía o que pasaba no entorno do seu irmán. Os outros tres marcharon a escape. Abel seca agora as bágoas, ergue e marcha.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES