Quintana, político bombeiro
Editorial - lunes, 05 de mayo de 2008
Pídese ós políticos que representen determinadas opcións vitais, e que privada e públicamente se comporten como a muller do Cesar, e que en en obras e palabras sexan ecuánimes, comedidos, sensatos.
Aymerich, voceiro parlamentario do Bng, proclama por escrito que as consellerías do PSOE no bipartito que goberna a Xunta de Galicia teñen un pobre balance de realizacións. Couces ó aguillón, sendo parte do aguillón.
Ismael Rego, voceiro dos socialistas coida que o nacionalista está afectado de Trastorno Bipolar, unha enfermidade mental que se caracteriza pola fluctuación entre depresión e euforia dos que a sofren. Non se debe xogar coas cousas serias, e as enfermidades serias son.
E ten que terciar Quintana como bombeiro apaga lumes indicando que as palabras do seu correlixionario non foron afortunadas sin que as do voceiro socialista as mellorasen moito.
Escoitando ós políticos en determinadas ocasións, o asombro primeiro e a confusión despois fainos pensar se estarán á altura das circunstancias e do papel que a sociedade lles encomendou a través dos seus partidos. O que hoxe nos ocupa non é o mellor exemplo de sentido común, de sentidiño dos representantes, e Quintana bombeiro non fai máis que poñer de relevo o mal qaue causan á causa estes dous políticos.
Por desgracia, non son casos aillados. E Quintana e Touriño terán que seguir baixando á area desta praza pública para tratar de limpar, sen conseguilo nunca de todo, o que outros luxan de xeito imborrable.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora