Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Albino Mallo

lunes, 28 de septiembre de 2020
Cheguei a Albino Mallo a través da rede social. Lía con interese o que escribía e mandeille unha mensaxe dicíndolle que me gustaría saudalo persoalmente. A volta de correo contestoume amosando tamén o seu interese en coñecerme, que vivía en Oleiros Albino Malloe que poderíamos quedar alí cando cadrase. Foi no mes de agosto de 2016.

E alá fun nunha tarde calorosa coincidindo coas festas da localidade. A rúa estaba chea de comparsas trouleando dun lado para outro, entrando e saíndo dos establecementos enchendo todo dun boureo incrible. – ¡Mal día para un encontro tranquilo!, pensei e dirixín os meu pasos cara ao lugar de encontro, unha cafetería fronte ao mar chea de xente. E alí estaba Albino sentado esperándome. A primeira impresión foi o estar diante dun home que non representaba a idade que tiña. Aparentaba menos tempo do que cargaba sobre as súas costas: saudámonos e falamos e falamos.

Tiña diante a historia viva do xornalismo realizado a golpe de esforzo, de patear moitas redaccións, de escalar unha montaña de sendeiros difíciles cheos de trampas. Pero Albino Mallo chegara ao cumio como correspondente da axencia EFE polo mundo adiante , entrevistando aos personaxes máis significativos da época e como director de varias cabeceiras. Non había máis: Albino o percorrera todo.

Faloume sobre o nacemento da Nova Canción Galega e que seguira con atención aquela movida: díxome que lle gustaría convocarnos en Oleiros a varios músicos de diversas tendencias aos que ben coñecía e partillar conversa coa música coma eixo central da palestra. Pareceume unha idea estupenda e animeino a que se puxera a elo.

No transcurso da nosa parolada entregueille un número da revista “Ferrol Análises” e el, que tiña perante todo o tempo un libro na man, abriuno, púxose a escribir nel e acto seguido entregoumo. Era “Algo máis cun café: o Derby de Vigo 1921-1968” unha excelente crónica centrada nas paredes dun Café por onde pasaron un feixe de personaxes dunha época xa perdida.

Quedámonos en vérmonos doutra volta para seguir falando polo miúdo. Inviteino a vir a Ferrol, pero só saía de Oleiros para acudir a os concertos na Coruña pois era un apaixonado da música clásica.

Sorteando o bulicio das charangas subimos ao meu coche e deixeino na porta da súa casa. Desafortunadamente non houbo máis encontros. Agora sinto non ter tomado a iniciativa para precipitar o seguinte.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES