
Comeza un "novo" curso. Toca retomar os problemas de sempre e situacións que non son fáciles de asimilar, sobre todo, cando se refiren a logros que tanto custou acadar.
Hai imaxes ante as que só nos queda cualificar a determinados individuos como incívicos, por utilizar palabras suaves
Para ir situándonos, quizais proceda lembrar o significado de Civismo. Defínese como "o comportamento da persoa que cumpre cos seus deberes de cidadán, respecta as leis e contribúe así ao funcionamento correcto da sociedade e ao benestar dos demais membros da comunidade". A súa base está no respecto ao outro, aos bens públicos
O mal uso dunhas instalacións vai en prexuízo de todos. Estou a referirme ao ascensor que dá acceso á muralla. Fixéronme chegar unhas fotos do seu lamentable estado. Como é posible que queden nel zapatillas, roupa
? Alguén pode entendelo?
É obvio que existen regulamentos que se deben cumprir para garantir unha boa convivencia. Unha sociedade necesita do comportamento cívico dos seus membros. A maiores da mala imaxe que damos como cidade está a falta de respecto ás persoas con mobilidade reducida que dependemos do seu uso para acceder ao monumento.
Son accións demasiado reiteradas as que evidencian a falta de civismo, confiemos que duns poucos
, dificultando así o progreso dunha cidade. O público non é de ninguén, é responsabilidade de todos.