Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito sentidiño e moita sorte

jueves, 24 de septiembre de 2020
Para expresa-la falta de sentido temos oído aquelo de: “xente nova e leña verde, todo é fume”
Pois ben, no tocante á pandemia, nin a xente nova nin o resto podemos baixa-la garda.

Temos que ir moi atentos coas precaucións que debemos tomar en canto poñemos un pé fóra da porta.

Aínda que pareza mentira, son os nenos pequenos os que o teñen máis fácil porque só teñen que aprender o que hai que facer.
Máis difícil o temos aquelas persoas que temos que cambiar hábitos que levamos facendo toda a nosa vida.

Temos que cambiar moitos costumes; algúns xa conviña que os cambiáramos.

Estoume referindo a:
-Vodas multitudinarias ás que eran convidadas moitas persoas por razóns meramente sociais.
-Bautizos e comunións multitudinarios nos que privaba máis o feito social que os sacramentos en si.
-Enterros multitudinarios ós que moitas persoas asistían para que logo lles devolveran o favor, faltando moitas veces ó respecto mínimo cara á familia do defunto.
-Cumpreanos multitudinarios de criaturiñas, que se habitúan a festas e regalos; cando o que verdadeiramente hai que celebrar é o regalo da vida.
Deso poucos son os que dedican algún tempo a dar grazas á vida, grazas a Deus…
A gratitude témola algo abandoada.

Son moi dignas de admiración as persosa con sentidiño:
-PERSOAS QUE CELEBRAN O SEU CASAMENTO con aquelas persoas coas que verdadeiramente se relacionan directamente no día a día.
- PERSOAS QUE CELEBRAN OS BAUTIZOS E AS COMUNIÓNS dando prioridade ós sacramentos.
-PERSOAS QUE CELEBRAN A VIDA, o paso dos anos coas persoas máis queridas con gratitude á vida e ó Autor da vida.

Con relación ós enterros na Galicia rural, a situación é un tanto incontrolable.
Xeralmente son bastante multitudinarios porque nos coñecemos.
Moitas persoas asisten por afecto á persoa falecida e á súa familia.
Outras porque precisan saír da casa e relacionarse cos coñecidos.
Certo que a todos nos gusta sentirnos acompañados en momentos tan delicados.

O raro desta situación é que en vida, PODE UNHA PERSOA PASAR MOITO TEMPO POSTRADA NUNHA CAMA OU LOITANDO CUNHA DAS PEORES

ENFERMIDADES e poucas persoas se dignan dedicarle algún tempo.
Algúns intentan xustificarse dicindo que non valen para ver esa situación…
¿GUSTARÍALLES QUE FIXERAN OUTRO TANTO CON ELES?

Quizais deberamos ter máis sentidiño e ser máis coherentes:
O querer aparentar sen coherencia é propio de persoas hipócritas.
Vivimos nunha sociedade que prioriza a apariencia antes que autenticidade, cando debía ser ó revés.
¿Servirá o coronavirus para “volver as augas ó seu cauce”?
¡Ogallá aprendamos algo bo!
¡Ogallá teñamos a sorte de saír fortalecidos desta!

De momento, o que vemos é que aínda quedan persoas que non dan creto ó que todos vemos: contaxios e mortes producidas polo Covid-19.
Certo que haberá casos inevitables porque somos humanos e non somos perfectos.
Pero outras situacións, que están ó alcance de todos, poderíanse evitar.

Aínda que os negacionistas pensen que esto vai de broma, o certo é que as estadísticas din todo o contrario.
¿Terán que sufrilo en carne propia para entendelo?

A nivel xeral a principal preocupación mundial neste momento é a pandemia e os seus devastadores efectos.
Precisamos moito sentidiño e, aínda así, ninguén está libre.
Precisamos tamén moita sorte
Se seguimos arriscándonos innecesariamente será porque é ben certo que “ninguén escarmenta en cabeza allea”
¿Qué teremos que facer para escarmentar?

“APRENDER DAS PERSOAS EXEMPLARES”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por ser vostede unha de tantas persoas que vai pola vida con moito sentidiño.
E moitas grazas pór terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES