Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viño con Denominación Galega

viernes, 02 de mayo de 2008
Celébranse en Galicia con moita frecuencia actos de diversa natureza arredor do viño. É lóxico, porque o 11% do produto interior bruto galego procede do sector vinícola. Uns están dedicados á promoción das distintas denominacións de orixe; outros están pensados para modernizar a súa elaboración ou comercialización. Pero de entre todos eles hai un que ten unha significación especial, porque é un acto de exaltación daquelas adegas que utilización a lingua galega na etiquetaxe. Estamos a falar dos premios “Bacelos de Prata”, que anualmente concede a Asociación Álvaro das Casas a aquelas adegas que identifican os seus viños co noso sinal de identidade máis nídio.

Nesta nova convocatoria, un xurado cualificado formado por personalidades relevantes vén de premiar ás adegas Martín Códax e Algueira. As dúas, de cadansúa denominación de orixe,Rías Baixas e Ribeira Sacra, e de distinta produción e antigüidade. Martín Códax foi en creada en 1986 por iniciativa dun grupo de viticultores, e Algueira, por Fernando González Riveiro. Produtoras de viños distintos, pero unidas por unha lingua común que os identificado nos mercados. Pola súa excelente calidade e prestixio estas dúas marcas gozan da admiración dos consumidores de aquén alén das nosas fronteiras. As fermosas lendas que locen as súas etiquetas, dando conta das castes das uvas e do proceso de elaboración, están redatadas nunha das linguas que ten a humanidade: a galega.

É importante recoñecer a aposta que fixeron as adúas adegas pola lingua galega nun mercado plurilingüe, vencendo o vellos prexuízos fomentado por aqueles que consideran que a nosa lingua non é apta para a comercialización dos viños. Co seu exemplo fixeron posible que ese discurso, falaz e inconsistente, vaia perdendo forza, e que cada vez sexan máis os adegueiros que prefiren identificarse coa lingua galega nos mercados globalizados, a carón dos viños, dos whiskys, champáns, vodkas…etiquetados nos respectivos idiomas de procedencia. Abonda con botar unha ollada ás vitrinas dos supermercados, restaurantes ou bares, para comprobarmos que as botellas falan en distintos idiomas.

Poñerlle obxeccións á etiquetaxe dos nosos viños en lingua galega, non deixa de ser unha argallada. Os que as manifestan,sen embargo, consumen produtos de perfumería e cosmética, que están etiquetados practicamente en francés ou inglés; linguas que descoñecen, pero que non parece importalles á hora de optaren por esa gama de preparados para a hixiene corporal.

O discurso da normalización lingüística no sector vinícola vai gañando espazos e intensidade. O 34% da produción xa se etiqueta en galego. O respaldo prestado polo Parlamento de Galicia a esta campaña iniciada pola Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística e Foro E. Peinador, co apoio da Consellería de Medio Rural e Secretaría Xeral de Política Lingüística, van facer posible que a colleita do 2008 sexa máis galega. Estamos en condicións de afirmar que á volta de dous anos, é dicir, para o 2010, o 50% dos adegueiros estiquetarán os seus envases en lingua galega. E o mundo coñeceranos máis a través dos consumidores de distintas culturas, como un pobo con personalidade propia, que amais de ofrecer viños de calidade, exprésase na lingua de seu.

Para acadarmos esta progresión artimética é necesaria, imprescindible, a colaboración dos consumidores galegos. Defender o noso é preferir o que fale na nosa lingua, sabendo ademais que os viños galegos etiquetados noso idioma son excelentes. Velai a responsabilidade de todos nós.

O próximo día 3 de maio celebraremos no pazo dos Ulloa, en Esposende, Ribadavia, o acto de exaltación dos viños etiquetados en galego. Participen connosco nesta festa. Agardámolos.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES