Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A poesía de Avelino Díaz en Debezos (25): 'Orvallo' (1)

viernes, 02 de octubre de 2020
Por fin acadamos a presenza de poemas intimistas nesta primeira parte do libro. A partir de agora, parece que o autor quere cambiar de temática debido a que na segunda parte da obra denominouna; "Íntimas"; e consideramos que o autor nos quere ir preparando para a transición á segunda fase da súa poesía.

O poema está escrito en redondillas, estrofas estas que (2), nacen froito da emancipación dos henmistiquios do dístico octonario con correspondencia de rimas interiores, dando por resultado a redondilla cruzada (abab), eclipsándose a súa A poesía de Avelino Díaz en Debezos (25): 'Orvallo' (1)popularidade baixo esta forma en poemas narrativos dos séculos XIII e XIV en castelán onde desenrolou un cambio en coplas, panxoliñas e cantigas, e ao lado da forma (abab) foi medrando gradualmente á variante (abba) que é a rima que hoxe consideramos apropiada (3).

Todo o poema é unha situación atmosférica nun serán no que Avelino está ou recorda, cerca da serra, posiblemente de Meira e cando lle dá por orballar, aínda que visto o poema anterior poderiámolo situar case con seguridade ao lado da "Gadella". Hoxe a RAG emprega o nome de orballar con "b" e que define 1.- "chuvia miúda", 2.- "humidade do aire que, co frío da noite se condensa e se deposita en pingas pequenas" (4). Neste caso o autor estase a referir á primeira das definicións.

A composición ten dúas partes ben diferenciadas que se corresponden coa metade exacta do poema, cada unha, tres redondillas.

PRIMEIRA PARTE
Abrangue as tres primeiras redondillas que tratan dunha situación propia dos seráns galegos, sendo unha parte descritiva visíbel nos verbos en terceira persoa: "espella, debuxa, pasa", e que consiste nunha choiva miúda e nun estado atmosférico que se vai tratando nas tres redondillas dunha forma gradual como se se fose describindo en que consiste:
"Miudas pingas de choiva,
vento mainiño da serra
i-un doce bafo da terra
com-un alento de noiva".

Temos, por tanto, a situación meteorolóxica creada: "miúdas pingas, vento mainiño, bafo da terra" e, de repente, no último verso o poeta creador para darlle a súa pincelada final, ponnos "com-un alento de noiva". Fixémonos na imaxe, tan bonita, un alento dunha boca nova, dunha muller núbil, dunha doncela, pero ademais, noiva, que mentalmente se nos aparece cunha cor branca coma o orballo.

Na segunda redondilla continúa o poeta falando dos axentes atmosféricos "un morno sol" pero que se reflicte a si mesmo na auguiña que queda no cáliz das flores, supoñemos que nas chorimas dos toxos e das xestas que adoita haber en abundancia pola serra de Meira ou pola Travesa. E despois, o "aro da vella"; neste caso non sabemos se hai un defecto tipográfico ou alude á denominación propia de "aro". Coidamos que é un defecto de "aro" por "arco" e que debería ser "arco da vella".

Na terceira redondilla preséntasenos o serán orballando e unhas comparacións moi adecuadas:
"Como nena enmeiguizada,
do amor co misterio infindo,
pasa, chorando e surrindo,
esta serán de orballada".

Tan bonito é este serán meigo, misterio de amor entre auga e sol porque chora e sorrí, nunha personificación total da cara da nena e da cara que ten o tempo de orballo e de sol, en escampadas ou estrelampos de risas e misterio con auga e con choros. Coma os nenos que axiña choran e axiña rin; coma a vida mesma.

SEGUNDA PARTE
Se na primeira parte desenvolve a presentación do lugar e da situación climática, nomeando os axentes poéticos, que neste caso son atmosféricos con verbos en terceira persoa, tal e como xa vimos; na segunda parte, que comprende outras tres redondillas, A poesía de Avelino Díaz en Debezos (25): 'Orvallo' (1)os verbos van todos en primeira persoa: "sei, baño, ceibo, aguilloado", o que quere dicir que a presenza do autor é moi importante, manifestándose cos seus sentimentos á flor da pel:
"Non sei a que fondo anceio
meu sentimento se aferra
o ver, na cunca da terra,
caier as bágoas do ceio".

Non sabendo o autor cal é o fondo desexo tan ardente a que se agarra o seu sentimento nesta paisaxe de orballo, é como unha visión chea de beleza e creatividade, que o seu corazón e a súa alma transidas de beleza, rebentan de alegría e "/doulle renda a phantasía/ e baño en pranto do día/ a miña alma sinxela/".

Remata a composición cinguindo á alma de Avelino nunha fonda soidade que trata de espertar cantando unha canción, como facían os nosos devanceiros cando iamos polos camiños e escoitabamos os asubíos e as cantigas dos camiñantes e dos tunantes:
"I-anque cingue o corazón
nunha fonda suidade,
ceibo pol-a inmensidade
a voar, unha canción".


NOTAS:
1. Opera Cit. Páx, 59.
2. NAVARRO TOMÁS. T.- Métrica española. Ed. Labor. Barcelona 1995. Páx.90.
3. NAVARRO TOMÁS. T.- Métrica española. Ed. Labor. Barcelona 1995. Páx.126.
4. Real Academia Galega. Dixital.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES