Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A cor da eternidade

viernes, 25 de septiembre de 2020
Ás seis e cinco da tarde chove. Ás seis e cinco da tarde escoito a Dawn Thomas. A canción é a que rompe o silencio nesta tarde de outono. Tarde na que quero fuxir por entre as ringleiras torcidas duns pensamentos que van e veñen buscando as coordenadas dun encontro. Ás seis e cuarto da tarde xa deixou de chover. Pero o chan Pingas de Orballo: A cor da eternidadeestá mollado. Algunhas pingas aínda caen dos tellados e das follas dos carballos. Quero atopar aquel eido no que os regos me levaban ata o infinito e máis alá. A vida, ás veces, encamíñanos por regos tan longos que semella que nunca teñen fin. Pero si o teñen. Como a vida. Agora é un tema de jazz o que rompe o silencio desta tarde... quizais algo triste, quizais moi melancólica ou quizais moi nostálxica. Máis ou menos é o mesmo. Tamén a tarde, máis ou menos, segue igual; como eses sentimentos que están aí, gardados e esperando fluír. Agora mesmo non é o caso. É mellor que sigan acochados ou incluso mellor abrigados para que non se constipen, para que non se arrefríen. Ás seis e vinte da tarde as nubes grises semella que corren ou que voan, mentres unha ollada, a miña ollada queda perdida sobre o firmamento; sobre ese que non ten fin. Aínda que se di sempre que todo ten o seu principio e a súa fin. Poida que si. Por agora queda esa dúbida rabuñando nas entrañas. Por certo, será de cor branca ou negra a eternidade? Terá cor a eternidade? Ó mellor é gris escuro ou azul celeste. Non quero sabelo porque non quero morrer aínda. Son inmortal. Nunca saberei a súa cor. É igual; o caso é vivir baixo o prisma das cores do arco da vella e bambearse sobre unha existencia infinita.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES