A FONSAGRADA
Emprazamento: Coordenadas U.T.M.: X: 650.683 // Y: 4.770.681.
A efectos eclesiásticos, está situado no lugar de Chaín, pertencente a freguesía de San Xoán de Paradavella, que forma parte do arciprestado de A Fonsagrada, e da diócese de Lugo. A efectos civís, forma parte da parroquia de San Xoán de Paradavella, e do

concello lucense de 'A Fonsagrada'.
Caraterísticas artísticas.
Trátase dunha capela, isolada da entidade de poboación, que presenta un portico sobre prolongación dos muros laterais; un lintel corrido; reixas de madeira; e un pavimento de lousa. No seu interior, podemos distinguir as seguintes tallas: unha primitiva do San Bernabé, do século XV; San Sebastián; San Bartolomeu; e San Isidro.
Rituais e ofrendas
Na actualidade párroco de Paradavella oficia unha misa ás 13:30 horas. Logo, algúns devotos sacan sacan á imaxe do San Bernabé en procesión o redor da capela. Adoitan dar unha esmola en metálico.