Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous poemas para Xaquín Marín

lunes, 21 de septiembre de 2020
A Xaquín Marín, polo seu "O lecer de Isolino", de 21 de xullo, que di:
"O mérito non é dicir a verdade. O mérito é saber dicir a verdade".

1.- Saber dicir a verdade!

Verdade, Xaquín Marín,
que, neste mundo tan ruín,
sería temeridade...

Dicir, sen máis, a verdade!

Con acerto extraordinario
no teu traballo diario,
brilla teu claro humanismo,
celme do teu humorismo,
verdadeiro, non falsario.

Os Tilos, 31/xullo/2020

e 2.- Egoísmo destrutor

(Inspirado por “O lecer de Isolino”, de Xaquín Marín, do 1 de setembro do 2020, no que un rico dille a Isolino: “Son tan sensible que en canto sei dunha desgraza colectiva, xa estou matinando como sacar proveito”.)

Que gran sensibilidade
deste fiel do capital
para conseguir do mal
beneficio en cantidade!

Así anda a sociedade,
que non pode andar peor,
neste mundo explotador
e por tantos consentido
que só lle prestan oído
ó egoísmo destrutor.

Os Tilos, 2/setembro/2020
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES