Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vitorias e derrotas

lunes, 21 de septiembre de 2020
Vitorias e derrotas están á orde do día en calquera aspecto da vida. Aínda que onde máis e mellor se destacan é no deporte, en calquera deporte. Pero para un servidor hai un que, nestes casos, sobresae por encima de todos os demais. Porque creo que é o máis duro, o máis sacrificado e o menos visto dos chamados grandes: fútbol, baloncesto, etc. Estou a falar do ciclismo.

As vitorias deixan a un contento e feliz. As derrotas, á inversa: triste e con bágoas de impotencia nos ollos. Comprobeino o sábado vendo a cronoescalada do Tour de Francia. Esa etapa decidía todo o Tour. De aí sairía o podio do día seguinte. O esloveno Primož Roglič avantaxaba ó seu compatriota Tadej Pogačar en 57 segundos antes de iniciar a etapa. Unha etapa de 30 quilómetros en chan e 6 en subida con ramplas criminais. Partía de favorito o que ía de líder, ou sexa, Roglič; pero o outro, Pogačar, un rapaz de tan só 21 anos, axiña empezou a comelo vivo, como se adoita dicir. A verdade é que cando se é novo e se ten ansia (e a pesar da veteranía dos máis vellos) quérese comer o mundo, e como se viu, algúns conségueno.

O rapaz púxose na xeneral a 59 segundos do Roglič, o que significa que lle sacou na etapa da cronoescalada 1 minuto e 56 segundos. Por certo, ganou a etapa, claro. A súa vitoria deixouno contento e feliz (eu, sinceramente, tamén quería que ganase, polo da idade), pero houbo un momento en que me apiadei, en que me compadecín do derrotado. E foi na forma de velo... alí, sentado, completamente fundido, triste. Porque creo que el mesmo, antes da etapa, xa se daba tamén como ganador do Tour. Non direi que lle saíu o tiro pola culata, porque sería como confesar que correu mal (quedou quinto na etapa, que tampouco é un mal posto), cando a realidade nos amosou que Pogač foi o que voou sobre ese percorrido francés. Creo que hai ciclista para tempo.

Aproveito que falo de vitorias e derrotas para comentar a derrota sen paliativos da Xunta de Galicia en cuestión dos incendios forestais. Un ano detrás doutro. Despois escúsanse con algo que me pon moi nervioso cada vez que botan a lingua a pacer: que os incendios son intencionados. É que isto altérame o sangue! Iso sábeo todo o mundo. Non fai falta que nolo digan. E a típica escusa de que... “e nós que lle imos facer”. Nada, non fagades nada, nin tan sequera falar. Se falades escarallades todo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania