Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Os versos e o poema

miércoles, 23 de septiembre de 2020
Xa dicía eu que o verso que vai detrás dun salouco debería ser moi triste. É moi triste. É coma un berro seco que se lanza desde o alto dun outeiro. É como unha queixa, como un lamento que sae moi de dentro. Emporiso, as agullas do reloxo seguen marcando o tempo. Que pasa, que voa, que non se move. E o berro quedou en silencio. Pingas de Orballo: Os versos e o poemaNese silencio no que o pensamento vai e vén por entre as toxeiras do monte Medo. As flores dos toxos marcan a brillantez da mañá e as lavercas trilan desde o ceo. Pouco a pouco, piorno a piorno o poema vaise facendo. Con versos cheos de infancia, con estrofas rebentando de inocencia. Aquela inocencia que deixaba xemidos de amor eterno. Quen non quedou nunca coa ollada perdida polo firmamento.
Xa dicía eu que o poema recitouse detrás dunha historia; de cando o amor era poesía e a realidade asentaba sobre unha melancolía ó lado dunha lareira. A melancolía é o pracer de estar triste. Non obstante, as agullas do reloxo, aínda que sexa lentamente, non se deteñen e o tempo pasa e todo cambia. Agora toca deixar caer os saloucos sobre un papel en branco e mentres Elmer Bernstein me acompaña coa banda sonora de “Os dez mandamentos”. O único mandamento auténtico é o de librarse da nostalxia para vivir unha realidade que está aquí, que é a que hai e xa está.
Xa dicía eu que os versos e o poema traerían consigo a fábula de que calquera tempo pasado é mellor. Ou non. Será o tempo o que diga se son ou non son, se estou ou non estou. De momento síntome preñado de sentimentos e de silencio, de moito silencio.

Disimulando a carraxe
Ás dez e vinte e cinco pégolle un berro á noite para que a miña carraxe saia de súpeto e con forza pola ventá. Teño tal rabia sobre min que ata son capaz de morderme. Non o fago porque me doería. E mentres se poida evitar a dor... Non me queda outra, Pingas de Orballo: Os versos e o poemaentón, que apertar as sens ou as tempas e deixar que o óso da fronte sufra un pouco. Dígoo doutra maneira: teño cara de ferreiro. Nin o grupo Milladoiro me alivia. Me cago no mundo! Agora vou disimular dicindo que tal carraxe é polos incendios que devastan a nosa provincia. Que non é verdade, porque o que sinto polo dos incendios vai moito máis alá dunha simple cólera; xa non ten nome. Tamén disimulo dicindo que o cabreo que me encirra as entrañas é porque VOX quere que se ilegalice ó BNG. Tampouco é verdade que estea anoxado por isto, xa que, a estes, nin puto caso. Inocentes!, que sodes uns inocentes! De todas as maneiras, e por se aquel, xa teño máis ou menos estudado o mapa para pillar o camiño máis curto para Portugal. Aínda que tamén teño a posibilidade de analizar o asunto ese de Venus, no que semella que pode haber vida alá. Sinceramente, quérolle ó país veciño, pero ante o espazo sideral, que se quite Portugal. Non me importaría fuxir para alá. Sigo disimulando que estou enfadado porque seguimos sen cumprir co uso das mascariñas ou dos bozos, porque tampouco é verdade. Simplemente estou que rebento porque o control sobre unha realidade é como atopar auga de bacallau no deserto. Ás dez menos dez da noite sigo berrando pola ventá para calmar esta ansiedade que me mata.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES