Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O imbecilismo lingüístico nas redes sociais

miércoles, 23 de septiembre de 2020
Acabo de ver un chío onde alguén utilizaba o francés e outro, exercendo de imbécil integral, reprochoullo, pensando que era catalán. Entón o primeiro dille que é francés ante o cal o imbécil descúlpase e “dálle permiso” para utilizalo.

Ben, este é o país no que vivimos. Gústenos ou non. Eu son dos que non me gusta polo tanto, loitarei cos medios que teño a man para mudalo.

Temos que ter claro que o supremacismo lingüístico existe e ten imbéciles militantes. O que o converte no imbecilismo lingüístico que cito no título do artigo. Fronte a el, reivindico como reivindiquei sempre, a convivencia e o dereito a coñecernos mutuamente sen renuncias nin concesións.

Simplemente, valorando que somos máis fortes por ser distintos e diversos.

A diversidade e a diferenza é riqueza igual que a uniformidade é opresión.

Neste país nin sobran idiomas, nin sobra cultura, nin sobra liberdade, nin sobra diversidade, nin sobra diálogo, nin sobran as diferenzas…

…o único que sobra neste país son imbéciles…
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania