Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (12)

jueves, 17 de septiembre de 2020
O Corgo

1. LOCALIZACIÓN: Coordenadas U.T.M.: X: 631.652 // Y: 4.755.049
A efectos eclesiásticos, Castrillón, era, hai anos, unha freguesía anexa de Santa María de Franqueán. Na actualidade, a freguesía foi suprimida, pertencendo o seu ámbito territorial a freguesía de Santiago de Gomeán, arciprestado do Picato, provincia e diócese de Lugo. A efectos civís Castrillón é unha parroquia, pertencente ao concello de 'O Corgo', provincia de Lugo.

2. TRAZOS ARTÍSTICOS DO SANTUARIO
O santuario é unha igrexa románica, que ocupa a parte norte do castro. Amosa unha nave a dúas augas, elevada, sobre unha armadura de madeira cuberta de lousa. Tanto os muros laterais como a ábsida, que e semicircular e maís baixa e reducida que a nave, están coroados por saíntes e sólidos canzorros, que sosteñen unha forte cornisa. Ademais este recinto sagrado posue unha portada cun arco de medio punto sen imposta e decoración. No seu interior varios retablos amosan talles do século XVI:
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (12)A do Salvador, de pé e cunha bóla do universo; a do San Bernabé, cunha capa e libro; a da Inmaculada, cunha peaña de nimbo e un dragón aos seus pés; e a do San Antonio.

3. TERRITORIO DE GRAZA E PEDIMENTOS.
O día da conmemoración festiva, adoitan acudir devotos non só do concello de “O Corgo”, senón tamén doutros concellos limítrofes como Castroverde, O Páramo, Láncara, Portomarín, Neira de Jusá, Guntín, e mesmo Lugo.

As peticións máis usuais que realizan son por doenzas humanas e de animais. Non obstante, tamén levan a cabo pedimentos ligados coa crise da facenda propia ou outros problemas de índoble familiar e social.

4. RITUAIS E OFRENDAS
Os fregueses para obter o favor da entidade sagrada deben realizar unha serie de riuais e ofrendas.

Así, alguns deles dan unha ou máis voltas ao redor do santuario case sempre de pé Nas súas mans poden levar de ofrenda figuras de cera, que representan ao corpo humano, enteiro ou partes do mesmo:pernas, brazos, pés, así como figuras de animais: cochos, vacas, eguas.

Logo, oen unha das misas, que o párroco da freguesía á que pertence o santuario oficia ao longo da mañá, mediodía, e primeiras horas da tarde.

Posteriormente, ao rematar a misa solemne, participan na procesión, que percorre o campo da festa e logo o perímetro do santuario.Na procesión interveñen os seguintes elementos: a cruz e o pendón parroquial, levados por fregueses da comunidade parroquial; a imaxe da Inmaculada, portada nas andas por catro mulleres da freguesía; as imaxes do San Antonio, O Salvador, e San Bernabé, levadas nas andas cadanseu por catro homes da freguesía; o crego concelebrante; algúns músicos da orquestra, que van tocando unha marcha procesional; e os asistentes ao ritual, colocados sen distinción de idade e sexo.

Por outra banda, os devotos no transcurso da maña e primeiras horas da tarde realizan unha serie de rituais de contacto: así, hai devotos que tocan coas súas mans, panos e outros obxectos a imaxe do San Bernabé e, logo, pasanos polas partes doentes dos seus corpos cunha finalidade profiláctica e curativa. Tamén acoden a “imposición do Santo”, ritual que leva a cabo un fregués da comunidade parroquial; este consiste en realizar cunha imaxe pequena do santo, unha cruz por riba da cabeza dos devotos, mentres o poñente recita a seguinte xaculatoria:
“Cristo vive, Cristo reina, San Bernabé te libre de todo mal. Amén”.

Ademáis, os fieis levan a cabo unha serie de ofrendas: sufragan misas na honra do santo, que serán oficiadas polo párroco no transcurso do ano. Deixan diñeiro no intre de poñer o santo nunha bandexa ou boeta, que se encontra ao carón do poñente; tamén A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (12)nos esmoleiros, que hai no interior da igrexa, e no momento de oir unha das misas, que se celebran no santuario. Aportan “velóns normais” ou máis pequenos, que colocan ao carón das imaxes do San Bernabé; os “velóns normais” valen cinco euros e os pequenos tres; estes adoitan estar acesos no interior da igrexa ata que rematan os diferentes oficios relixiosos.Tamén ofrecen figuras de cera, que simbolizan a unha serie de animais: cochos e vacas, así como ao corpo humano, enteiro ou nalgunha das súas partes: brazos, pernas, pés, etc... Esta ofrenda encontrase nunha mesa alongada, situada no lado esquerdo da igrexa, de onde os devotos poden recollela mediante o previo pago de cinco euros por cada figura.

5. EXPRESIÓNS POPULARES
A devoción ao San Bernabé quedou reflectida na contorna deste santuario nunha serie de ditos e manifestacións verbais de índole popular.
“San Bernabé queridiño dame sorte na vida, e xa che bicarei o fuciño”.
“San Bernabé bendito sempre che estou adorando, para que co paso da vida sempre me sigas amparando”.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES