Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os mundos de Ayaso (e 4)

viernes, 25 de septiembre de 2020
Os mundos de Ayaso (e 4) X Variacións sobre os mundos de Ayaso

7
Mitras eclesiásticas ou de peliqueiros.
Relixión
dignidade episcopal
privilexio.
Entroido
peliqueiros
cigarróns
pantalla con representacións
sobre a cabeza,
mitra laica
totémica.
Metamorfose
de animais,
humanos,
plantas.
Rosarios
Cruces
Estandartes
Espiral de terror
Sarcasmo na igrexa con híbridos.
Fíos que poden mover cometas ou marionetas
Cordóns umbilicais, di alguén,
que mecen
que controlan.
Imaxes que mostran a outra cara do espello.
Máscaras
que levan máscaras
Marionetas
que moven marionetas
que tamén moven marionetas

8
O pintor dos mortos
dos cadaleitos
das calaveiras
das compañas santas
das velas
O pintor das sombras e das tebras
Do entroido
carnaval triste
de carautas que son caras
e faces que son caretas

9
Os cadros de Ayaso
son personaxes
e...
nunca rin

10
Eu quero saber...
Quen é o omnipresente home das gafas
de idade media
que semella alguén serio
razoable.
Quen é o neno
da familia picassiana,
inocencia acaso,
infancia triste.
Quen é o calvo encoiro ou vestido.
E, quero saber,
se o neno acaba convertido no home das gafas
e se o home das gafas se converte... en que?

Alguén dirá que isto non son versos e eu aceptareino porque nunca souben moi ben o que era a poesía.

Eu fixen coma meu tío Cándido. El, cando escribía unha carta, facíao todo seguido e, cando remataba, poñíaa bonita: unha tilde aquí, unha coma alá, un punto por este lado... por adornar.

Eu... corto os renglóns.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES