Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gozo de vivir

jueves, 17 de septiembre de 2020
Ante a situación actual, penso que debemos facer unha profunda reflexión sobre a importancia da vida.
Porque a verdade é que cando máis valoramos a vida é cando nos vemos en perigo de perdela.
E neste momento todos estamos expostos.
E todos queremos conservala.

A VIDA É SAGRADA, TODOS A AMAMOS TANTO COMO A NÓS MESMOS.

Neste aspecto todos somos vulnerables con pequenas diferenzas entre uns e outros dependendo das circunstancias persoais e sociais.
Por eso desde a OMS ata o recuncho máis pequeno estamos todos interesados en conserva-la saúde para poder gozar da vida.

GOZAR DA VIDA A VECES IMPLICA CERTAS LIMITACIÓNS.
E nestes tempos non estamos afeitos a que nos poñan demasiados límites.
Que nos poñan límites non nos gusta; pero cando é o mellor remedio, non debemos escatimar esforzos.
PORQUE TODOS TEMOS MOI CLARO QUE: A VIDA SEGUE, O TEMPO PASA E O VIRUS CIRCULA LIBREMENTE ATA NOVO AVISO.
Como todos (ou case todos) sabemos que temos que convivir nestas circunstancias, cómpre que todos tomemos conciencia da situación:

-AS CRIATUTAS TEÑEN UN GRAN RETO QQUE SUPERAR: teñen que levar máscaras ó colexio, non poden contactar fisicamente cos seus amigos e compañeiros, non poden sentí-la caricia estimulante do profesorado, teñen que ir provistos do xel a todas horas, lavar as mans da cada pouco, non compatir material…
Unha vida completamente diferente á que se viña facendo, oposta ós valores vixentes ata este “anómalo momento”.
A realidade é a que é.
Deben ser moi valentes porque terán que superar esas probas con tal de poder experimentar o gozo de vivir a longa vida que teñen por diante.

-A XUVENTUDE, TAN DADA ÁS RELACIÓNS SOCIAIS PROPIAS DESTA ETAPA DA VIDA, tamén vai ter que facer un gran esforzo.
Un esforzo engadido á superación dos estudios con boas calificacións se queren ter un futuro prometedor.

-OS ADULTOS xa botan contas de cómo terán que amañarse: se a infancia ten que garda-la corentena, se eles collen o virus, se perderán algunha oportunidade laboral, se a economía se resinte, etc, etc.
Tempos difíles, moi difíciles; pero tamén o foron cando tiveron que superar os horrores da guera e superáronos.
¡Qué remedio!

-E DA ANCIANIDADE …¿Que diremos?
Achaques, privación de contacto cos netos, tristura, soidade en moitas ocasións…Paciencia e esperanza.

Por moitos problemas que teñamos que resolver, todos temos claro que:
VIVIR MERECE A PENA E GOZAR DA VIDA TAMÉN.
Sabemos que esto terá unha solución dentro dun prazo máis ou menos longo, igual que a tiveron outras moitas enfermidades contaxiosas ó longo da historia da humanidade.
Hai moitas persoas traballando con empeño e tesón.
Temos que animar á xente nova para que se forme canto máis mellor porque eles serán os encargados de dar solución a moitos destes problemas que estamos padecendo.
E a nivel persoal: temos que facer todo o posible para evitar contaxios; tanto polo propio ben como polo dos demais.

A RESPONSABILIDADE E A FRATERNIDADE TEÑEN QUE FACERSE MÁIS PATENTES QUE NUNCA.
Todos temos unha vida que salvar para podela gozar.

E cando pase todo esto, que pasará…
¡Felicitarémonos!
Felicitarémonos porque soubemos supera-la proba, porque aínda estamos vivos, porque aprendemos que todos somos máis vulnerables do que nos imaxinábamos e coidarémonos moito para seguir vivindo e axudándonos mutuamente.

E mentres tanto: moito sentidiño e moita sorte.
“MOITO SENTIDIÑO E MOITA SORTE”
Este será o título do segunte artigo.

Moitas grazas pola súa valiosa colaboración nesta causa tan importante e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES