Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cantar ou asubiar

viernes, 18 de septiembre de 2020
Eran as seis e media da mañá cando se iniciaba a acción da novela “O enigma da habitación 622”, do escritor suízo Jöel Dicker e son as nove da noite cando un servidor empeza a soltar palabras sobre un teclado de ordenador. Outras veces é sobre un papel en branco. Pero hoxe non. Se revolvo a cabeza e miro para atrás, vexo aberta a ventá. Cando remate teño que cerrala para que o frío non mate as plantas. Ó mesmo tempo ata poida que lles cante. A quen? Ás plantas. Din que é bo cantarlle. Eu, de cando en Pingas de Orballo: Cantar ou asubiarvez, poño voz de Sabina ou de Camilo Sesto e sóltolles axiña unha canción. A min non me importa desentoar. Xa me dicía miña nai que cantaba moi mal, pero... Pero tamén teño a opción de non cantar eu e poñerlle música, só música de, por exemplo, Jean Michel Jarre. Eu que sei; o álbum de “Concertos en China 1981”, por exemplo? Pois ese mesmo. Tamén lles podo asubiar ás plantas. Asubiando si son bo. E se é baixo o influxo da néboa é que nin Morricone me gana coa súa triloxía do spaghetti western. Lembro cando asubiaba polas rúas de Madrid que moita xente se me quedaba mirando. Algún chegoume a confesar que era galego. Por que? Porque seica asubiamos moito. Agora mesmo estou a pensar que como asubiabamos polos cans cando estabamos no monte coas vacas, igual é polo que o facemos tan ben. A verdade é que as vacas en Galicia deron para moito. Creo que deron máis do que dan. Agora as vacas galegas son máis estrañas, máis alleas. Penso eu. Non é o mesmo coidar e falar con cento e pico vacas que con tres ou catro. Son as nove e cuarto da noite. Xa está. Para que queredes máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES