Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Na butaca de cor azul

jueves, 17 de septiembre de 2020
Son Touro Sentado sobre unha butaca de cor azul. Contemplo a pradeira das discordancias e fago a vista gorda para que a carraxe non me mande a unha guerra de cabezas sen cabeleira. Non quero pasar a ninguén pola pedra. Asubío polo meu cabalo Pingas de Orballo: Na butaca de cor azulCinsa Negra e asoma antes o can que me lambe as pernas. Tampouco quero darlle unha patada e tírome dos pelos para que a cólera se axuste ou se adapte ó meu sosego. Sempre haberá situacións nas que o furor rebente tres ou catro dilixencias. Son o príncipe da pradeira que vive debaixo dunha verza. Como Cinsa Negra non aparece (andará a pacer nos lameiros da Donicela), berro pola Lúa Vella, unha das catro mulleres que dormen na miña tenda. Para iso son o rei da tribo Chippewa.
Son o fillo de Lagarto Tumbado e de Píntega Amarela, ambos os dous crucificados polo rostro pálido Johnny Colt alá nos outeiros da Portela. Hai que entender entón que a miña rabia queira cepillar cabaleiras. Mais como non son vingativo, rumío a carraxe sobre esa butaca de cor azul. Miro para o can de palleiro e acénolle a Lúa Vella para que me vexa e se achegue. É gorda coma un nobelo e tarda en chegar un tempo. Eu son fraco coma un arame e, ante ela, cóllolle medo ó acto sexual. Por moi indio que sexa, ou me poño por enriba ou as miñas entrañas se mesturan coas herbas. Ó final, vendo que non chegan Lúa Vella nin Cinsa Negra, ergo da butaca de cor azul e boto a correr por entre os toxos e xestas da pradeira. Respiro con calma, con suavidade para que a carraxe se acople ou se acomode ó meu corazón de indio Chippewa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES