Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manuel María da 'Terra Chá'

martes, 15 de septiembre de 2020
Desde 2004, ano da sua morte, cada oito de setembro, en Outeiro de Rei hónrase a Manuel María, patriarca da Terra Chá, protagonista do único caso do mundo no que unha obra poética provoca o recoñecemento xeral dun país, antes dela intuído pero sen existencia real. Máis aínda: En terras de Cospeito e Castro de Rei había a chamada “Tierra Llana” que o Instituto Nacional de Colonización repoboou con labregos da zona de Ernes, en Navia de Suarna, que quedaron aillados pola construcción dun embalse.

Pero “O Manuel”, así chamado polos chairegos, publicou en 1954 “Terra Chá”, que moitos consideramos a Biblia desta especial comarca, que creou o clima preciso para que esta terra acadase presenza material e legal, e o que antes era a ”meseta central de Lugo” hoxe é coñecida por todos como a Terra Chá.

O coroavirus non puido coa celebración anual ao Manuel, aínda que si a reduciu, e aínda que non se fixo expreso chamamento para o acto, diante da tumba do poeta xuntámonos ducia e media de amigos con flores, palabras e canción, xa que un acto de honra a Manuel María ten que rematar co Himno Galego.

E se un día coma este a Irmandade Manuel María da Terra Cha e Xermolos entregan a “Navalla do Manuel” para honrar a un chairego destacado, o pasado día 8 recibiuna Alfonso Blanco, no nome da propia Irmandade, promotor de innumerables actividades culturais, que recibiu do escultor Valdi cunha peza que levaba incrustada unha navalla, tan querida do Manuel, e por iso utilizada no seu nombre para homenaxear a quen honra á Terra Chá.

Non se leron poemas diante da sepultura, nin nas Penas de Rodas houbo o tradicional recital, porque a situación sanitaria en Outeiro e en Galicia non aconsella concurrencias numerosas, nin tampouco se foi á Santa Isabel á comunión civil e colectiva de pan, viño e música do país. Só palabras no cemiterio para lembrar ao que o 2016 se honro una festa das Letras Galegas”, alterando fugazmente o silencio do cemiterio vello de Outeiro de Rei.

O Covid manda silencio, tapando as nosas bocas con mascariña protectora. Pero por riba de todo, dixo Blas de Otero, poderemos ter dorida a voz, pero quédanos a palabra. Pois esta, de novo, sonou en Outeiro de Rei, en memoria do fillo da Señora Pastora da Casa de Hortas, sempre noso, Manuel María.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES