Este poema ten a particularidade de ser moi pequeno se o comparamos co resto dos poemas vistos. Está formado por catro cuartetas asonantadas, moi propias de Avelino,

tamén octosilábicas e con rima regular asonante nos versos pares, en (-a-a,-a-ia), composto de dúas partes moi ben delimitadas polas estruturas paralelas que aparecen nas tres primeiras estrofas.
. Primeira Parte:
VERBO /SUXEITO /OBXECTO DIRECTO / OR. Subordinada Causal.
1º. Afala / vento mareiro/ ás velas da miña lancha/ que quero chegar axiña á miña nativa praia.
2º. Afala/ vento mareiro/ ás velas / que miñas ansias non acougan teño présa pol-a ver e por bical-a.
3º. Empuxa / vento mareiro / as velas e remos da barca / que teño moitas arelas de chegar á miña patria.
. Segunda Parte:
Nesta segunda parte e última trátase, de novo, ese desexo do autor de volver a Galicia condensado nunha única estrofa final:
"A lancha vai amodiño,
semella que ten galbana.
!Lévame, vento mareiro,
lévame nas túas alas!"
Todo o poema volve ser unha metáfora na que a lancha son os desexos de volver, embarcados, aos que ten que "afalar", que é un vocábulo da linguaxe campesiña, un recordo da súa infancia (afalar ás vacas), mais neste caso é afalar ás velas que son as "ansias" os "devezos", pero a lancha vai "amodiño", ten "galbana", tamén linguaxe campesiña, e como a chegada en lancha é difícil, propón outra solución prescindindo da lancha que consiste en botar man das velas do vento.
NOTAS:
1.- Opera cit. Páx.56.