La valla (primeira impresión)
Santalla, Iago - miércoles, 16 de septiembre de 2020
O pasado mércores, Antena 3, emitiu o primeiro capítulo de la valla, unha serie moi esperada que leva traza de non defraudar. Na valla describe un entorno militarizado e totalmente falto de liberdade onde o goberno decide sobre a vida de cada persoa, separándoas ou uníndoas ao seu antollo. Unha das esceas máis impactantes de este primeiro capítulo é unha neta que lle pregunta a súa avoa como era a liberdade.
Haberá que ver como evoluciona esta serie pero a primeira reflexión que me ven á cabeza foi calcular a distancia á que nos atopamos da valla e, a verdade, vivimos nun mundo no que o mesianismo segue tendo excesivos e exacerbados militantes que nun momento dado poden ter máis forza da que nos convén.
Polo tanto, a conclusión de este primeiro capítulo é moi simple: acabo de ter un sobriño que se chama Hugo e cumpriu dous mesiños, agardo que me faga moitas preguntas e poderllas contestar pero desexo con toda a miña forza que nunca xamais me teña que preguntar que era a liberdade...

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora