Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Enerxía Nuclear: As coaccións do Capital

martes, 29 de abril de 2008
O actual presidente de Unión Fenosa, analisou hai dous días, o estado de contas da Compañia, que segundo el ten un grave desfase entre o custo de produción e distribucion do seu produto e o que se cobra por KW. Ao parecer Fenosa ten un importante déficit neste senso. Mais non é iso o importante das declaracións do Sr. Pedro López quen demanda un trato de privilexio no concurso á instalación de enerxía eólica na Galiza, en base á sua orixe galega (que ironía!...).

No seu discurso, pon en destaque a necesidade de considerar a enerxía nuclear para subsanar o déficit enerxético que ten España. Argumenta que Franza ten apostado fortemente por este tipo de enerxía coa que consegue atender ás suas necesidades e exportar algo para España. Plantas desalgadoras funcionan en Franza a base de enerxia procedente de Centrais Nucleares. A problemática formulada por Pedro López estrutúrase á volta de tres eixos: garantía na suministración, mellora na eficiencia enerxética e a sostibilidade ambiental.

Para combinar estes tres factores, o Sr. López considera conveniente o percurso á Enerxia de orixe Nuclear. Argumenta que as Centrais Nucleares non emiten GEI (gases de efecto invernadoiro) á atmosfera, co que España podería cumprir coa Taxa de Emisións que o Protocolo de Kioto lle ten asignado. A contaminación térmica das augas (necesarias para a refrixeración non é considerada). O perigo de fugas como o que está a acontecer agora mesmo en Ascó é de menor importancia. O problema dos residuos radiactivos non é interesante (xa se discurrirá algo...) As reservas de Uranio que se supoñen duns 30anos co ritmo actual de consumo é “pecata minuta”.

Tal parece que o Acordo de Kioto é unha lousa para os presidentes dos Consellos de Administración que teñen que discurrir a maneira de esquivala. Non é unha decisión solidaria e necesaria se queremos continuar a vivir na terra (nós e eles). O Sr. Pedro López esquécese da perigosidade que supón o funcionamento dunha Central Nuclear, como se o exemplo de Chernóbil non fora dabondo.

Galiza tense declarado Zona Libre de Nucleares. Desde aquela lendaria marcha de hai 30 anos: ”Non Xove Nuclear”. Non damos consumido a enerxía que producimos a custo do noso patrimonio natural. Manteñámonos así. Bastante destrución hai xa nesta Terra.

Ademais, por solidariedade con outras Terras rexeitemos este tipo de enerxía. Por perigosa, non só para nós, mais para os que poidan vir tras de nós. Que clase de Mundo lle queren deixar aos seus descendentes este grupo de inconscientes executivos das grandes compañías enerxéticas?
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES