Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

IV Recital de Poesía en Feminino

viernes, 11 de septiembre de 2020
A NPG Nova Poesia Guitirica volve a organizar o recital de poesía en feminino co concello de San Sadurniño.
O colectivo da Nova Poesía Guitirica volve colaborar coa Concellaría de Igualdade de San Sadurniño na organización do IV Recital de Poesía en Feminino, que terá lugar no patio interior da Casa do Concello o sábado 19 de setembro a partir das 17.30h. O encontro pretende darlle visibilidade á muller a través da creación literaria en verso desde múltiples puntos de vista: a muller creadora, a muller protagonista, a muller empoderada que se reivindica a través da palabra… a igualdade, en definitiva, para a que se precisan espazos coma este onde escoitar a súa voz e a de calquera persoa comprometida co necesario cambio da sociedade. Falta aínda unha semana, pero cómpre ir anotándose xa para unha cita que terá aforo limitado. Este ano o recital vai adicado ás mulleres do rural.IV Recital de Poesía en Feminino

Esta cuarta edición do encontro adaptouse ás medidas preventivas reducindo o número de poetas que van intervir, de maneira que quede máis espazo para o público no patio interior da Casa do Concello.
IV Recital de Poesía en Feminino
Acudirán nomes habituais e algún novo: Luz Campello (NPG), Pilar Maseda (NPG), Luz Airado (NPG), Eugenia Manuela Sanmartín (Colectivo MORAIMA a grafía da emoción), María Xosé Lamas (NPG) e a poeta local Xela Barro. Ademais tamén está convidada a intérprete Sussi Méndez Vilaseca, quen ambientará ao piano todas as declamacións. O acto abrirano Ana Belén Breixo, concelleira de igualdade e Antón de Guizán, integrante e un dos promotores do grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica.

Catro edicións xa deste recital co grande éxito de público e participación, consicionado este ano pola pandémia do COVID 19. Así e todo, o evento está aberto a públicos de calquera idade, aínda que será obrigatoria inscrición previa para controlar o aforo máximo do recinto. Hai que chamar ao 981 490 027 ext.1 ou enviar un correo a veronica.rodriguez@sansadurnino.gal

O 5 de Outubro, a NPG participará tamén nun recital de irmanamento colectivo VERSOS DE AREA en Ponteareas o de serán apresentadas as revistas números CERO e UN da NPG www.npggazeta.gal nun evento organizado pa concellaría de cultura de Ponteareas.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES