Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Polo Soneto

miércoles, 16 de septiembre de 2020
Pico no nariz dun pallaso e déixome caer desde o primeiro verso dun soneto. Aterro suavemente. E sento amodiño sobre un penedo. Onde penso. Penso que a alegría vai por barrios e as bágoas forman unha lagoa na que poden nadar (ou afogar) os sentimentos. Claro que, a estas alturas, quen ten e onde están os sentimentos. Sinto como o toxo traspasa a miña pel para inxectarme un devezo. Penso nunha canción, nunha canción calquera para espallala ó vento. Pero non a canto, tan só a asubío. Porque non sei cantar e asubío coma os anxos. Desde o penedo agatuño ata o segundo verso do soneto. Alí contemplo a vida pasar e o barullo converterse en silencio. Que bonito é estar calados cando non se sabe que dicir. O silencio é coma o verso que está por escribir. O ruído é o latexo ou o alustre dese futuro verso. Con calma e sen medo salto tres versos do soneto. E desde este quinto verso case quero oulear de contento. Sempre presumín de deixar caer gargalladas a eito. E cando río case se pode dicir que ouleo. Son o lobo do conto que nunca se acaba; ou que namora. Sigo baixando e subindo, subindo e baixando polo soneto. En cada verso que me deteño pégome coa algarabía e abrázome ó silencio. Porque soñar en silencio é coma soñar esperto... moi bonito. En silencio abrazo a flor de toxo, descanso no niño da rula e ouleo tan só co pensamento, que para iso estou en silencio. De verso en verso percorro todo o soneto e nel están todos os meus sentimentos. Que tamén os teño. Remato cun ouleo de desespero. Ou de contento. Ás veces, nin eu mesmo me entendo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
ACTUALIDAD FONMIÑÁ
Blog Fonmiñá
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania