Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Fauna nocturna

martes, 15 de septiembre de 2020
Levaba moito tempo sen circular co coche polas noites. O outro día tocoume de levar os sogros á súa aldea. Estaba a ver o partido de fútbol entre Holanda-Italia e foi xusto no descanso do mesmo cando me dixo a muller de levalos á casa, que viñan do centro os tres. Axiña empecei a facer contas: que entre o descanso e a segunda parte do partido Pingas de Orballo: Fauna nocturnapodía moi ben facer a ida e volta para, así, poder chegar a tempo de ver a correspondente película nocturna. Así é que tiña presa. Non obstante, á altura dos pobos aminoraba un pouco a velocidade por culpa da fauna nocturna, como lle chamou a muller, máis en concreto, do xabaril. Sei que cada vez se achegan máis ós pobos para buscar o seu sustento. Emporiso, pasei Trelle sen atoparme con nada de nada. Ó pouco, e cando estabamos a falar precisamente deles, nun traxecto no que acelerara un pouco, zas, alá vemos un enorme na cuneta. Foi cando caín na conta de que estabamos á altura dun souto de castiñeiros e intuín que andaba á busca e rebusca dos ourizos que, por unhas ou outras causas, empezan a caer. Uns vinte metros máis adiante tiven que volver frear porque, alí, si; alí cinco crías de xabaril campaban ás súas anchas por toda a estrada. De verdade, entendo que fan moito dano na agricultura, pero son tan bonitos... Ante unha cría tiven que frear por completo para deixar que cruzase a estrada. E xa no alto dos Castros, nun intervalo de poucos metros, dúas corzas escapaban ante as luces e a presenza do meu Pancracio. No ceo, a lúa, en cuarto minguante, brillaba sobre San Tomé. A fauna nocturna empezaba a vivir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES