Normalidade na Milagrosa
Xiz, Xulio - jueves, 10 de septiembre de 2020
Aos case seis meses de especial anacoreta, agardo o momento de volver a Lugo, por comprobar, como a ave que Noe mandou tras do diluvio, que a terra volve ser bo lugar para vivir. Asà eu onte percorrÃn A Milagrosa, vendo como as probas se superan, e o distrito segue a ser o lugar de pacÃfica convivencia, de acollida e de traballo, que a mesma parroquia proclamou nun racional e oportuno chamamento urbe et orbe.
Ver abertos a maiorÃa dos establecementos de hostelerÃa serenoume o ánimo, e acudo a Baltasar de Alcázar para proclamar que “grande consuelo es tener / la taberna por vecina”.
Pechou a hosteleria milagrosista como protesta polas condicións draconianas de funcionamento, xa que prohibir beber no interior é condenar á maiorÃa á inacción, porque as instalacións exteriores son temporais, mÃnimas e nalgúns casos case imposibles, e co mesmo peche faise evidente o papel social e fraterno dos meus veciños hosteleiros, aguerridos continuadores dos vellos emprendedores dos pobos e aldeas que prestaban o imprescindible servizo de taberna.
E volvo a aquel bardo de hai cinco séculos, amigo de Quevedo e Góngora, ao que Pacheco retratou con coroa báquica de satisfeito vividor, que deixou para a historia, a constancia de que “si es o invención moderna, / vive Dios que no lo sé, / pero delicada fue / la invención de l a taberna”.
Cinco séculos despois, case non quedan tabernas, evolucionadas a establecementos modernos, de variada bebida e alimentos impecables. Na Milagrosa pecharon, facendo constar o seu imprescindible papel. Que volvan á vida, é sinal de que a nosa vida pode volver a ser normal.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora