Sorte para todos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de septiembre de 2020
Estamos empezando un curso escolar cheo de posibilidades e tamén de incertidume.
Pero a vida segue e temos que seguir o noso proceso vital según nolo permitan as nosas circunstancias.
Tempos atrás por estas datas falábase moito do gasto que supoñía a volta ó colexio; agora comprendemos que o gasto económico. sendo algo importante, non é o máis preocupante.
A ECONOMÍA É IMPORTANTE, MOI IMPORTANTE; PERO O MÁIS IMPORTANTE É A VIDA.
Non cabe dúbida que as criaturas teñen que seguir o seu proceso formativo; pero
¿Existe algunha fórmula para que as criaturiñas poidan estar seguras de non contaxiarse?
Penso que non.
Nin no colexio nin fóra del.
Xa estamos vendo a facilidade coa que se propaga a infección do século nos adultos
¡Ogallá non se propague na xente nova!
Desexo moitísima sorte para todos:
-SORTE PARA A INFANCIA que vai ter que tomar moitas precaucións e aínda así
¡Son nenos!
(Aínda os maiores nos pasamos
)
-SORTE PARA AS FAMILIAS que van ter que loitar en máis frontes que nunca.
¡Que non lles decaían os ánimos!
-SORTE PARA O PRFESORADO que aínda multiplicándose vai ter que rearmarse da súa excelsa vocación pedagóxica.
Terían que duplicarse o número de aulas e o número de profesores.
O presuposto do país ten outras prioridades...
-SORTE PARA AS EMPRESAS que verán mermada a súa producción e van ter que facer fronte a moitos máis problemas.
-SORTE PARA OS TRABALLADORES que lles vai facer moita falta para pode levar un bocado de pan á boca.
-SORTE PARA OS SANITARIOS que se van sentir entre a espada e parede ante tanto mal.
¡Que se coiden para poder coidarnos!
-SORTE PARA OS PENSIONISTAS que por razón de idade son as persoas máis expostas a calquera contratempo.
En fin: OS PROBLEMAS ESTÁN SERVIDOS; PERO CADA PROBLEMA DEBER TRAER CONSIGO A SÚA SOLUCIÓN.
O certo é que imos intentar saír desta da mellor maneira posible.
Teremos que ir convivindo coa situación tomando tódalas medidas ó noso alcance mentres non apareza un remedio.
Tempos atrás dicíasenos que había que apreta-lo cinto.
Agora chegou o momento de facer máis cálculos que nunca; pero farémolos.
FARÉMOLOS E SABEREMOS PRIORIZAR QUE É O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE NA VIDA:
-APRENDEREMOS por necesidade a ser solidarios, a axudarnos mutuamente, porque todos nos necesitaremos.
-APRENDEREMOS a gastar o xustamente necesario sen derrochar.
-APRENDEREMOS que se pode ser feliz con menos cousas e con máis amor entre nós.
-APRENDEREMOS o valor dos centros educativos, o dos hospitais e dos servizos públicos en xeral.
-APRENDEREMOS a valorar como se amañaron os nosos antepasados pasando moitas estreituras.
-APRENDEREMOS a valorar o bo da vida.
-APRENDEREMOS que é máis importante SER que TER.
Non nos vai quedar outra.
E SE TEMOS A SORTE DE SAÍR CON BEN DESTA, SENTIRÉMONOS UNS AFORTUNADOS, DAREMOS GRAZAS E EXPERIMENTAREMOS O GOZO DE VIVIR.
O GOZO DE VIVIR
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora