Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toma de posesión

sábado, 05 de septiembre de 2020
Autoridades presentes
Galegas e galegos:

Os tempos difíciles que nos toca vivir reclaman distancia e proximidade. Distancia física entre as persoas para combater a pandemia, e ao mesmo tempo proximidade entre os cidadáns e as súas institucións.

Os tempos difíciles piden que esa proximidade democrática sexa máis estreita, máis intensa e máis auténtica. O pobo galego así o entendeu nun proceso electoral celebrado cunha explicable inquedanza polos efectos da Covid-19 e as súas secuelas económicas e sociais.

Malia todo, Galicia creu que a democracia e o autogoberno son ferramentas útiles en medio do desacougo; ferramentas que cómpre fortalecer coa participación serena nese momento crucial no que se manifesta a soberanía popular. Galicia acudiu á súa cita con Galicia para enviar unha mensaxe elocuente que se resume en dous principios: moderación e estabilidade.

Non son ideas novas, senón que teñen un fondo arraigo na nosa conciencia colectiva. Ese binomio forma parte das ensinanzas que recibimos dos nosos maiores, e acredítase coa nosa propia experiencia.

Os galegos de onte e de hoxe aprendemos que a moderación non é debilidade, senón fortaleza, e que a estabilidade non é inmobilismo senón un dinamismo asentado en bases firmes.

Cando se abandona a moderación e se esquece a estabilidade, as comunidades políticas debilítanse e acábase perdendo a sintonía entre as institucións e a cidadanía. Os grandes logros apóianse neses dous baluartes. Avanzamos con eles, e cando as circunstancias son adversas como ocorre no momento presente, servímonos deles para resistir mellor e erguernos despois con mais brío.

Galicia é unha forza tranquila capaz de definir o seu propio modelo e marcar o seu camiño.

Os galegos desta altura do século XXI tamén teñen dereito a preguntar que pode facer o seu país por eles. Aportan traballo, esforzo, solidariedade e unha chea de valores cívicos que volven brillar nestas circunstancias sombrías. En contrapartida están facultados para pedir das súas institucións aptitudes e actitudes acordes cos retos do momento. Lonxe dese tipo de identidades que parecen buscar a fricción sen importar a eficacia na acción do goberno, Galicia iza outra moi distinta: unha identidade harmónica e fraternal, que lle pide aos seus dirixentes unha gobernanza afectiva e efectiva na que teñan prioridade os problemas prioritarios e se afasten da discordia.

Eu chámolle a iso galeguismo.

Galeguismo social, tecido polos afectos e intereses comúns que unen aos galegos.

Galeguismo cultural, feito con maneiras de ser, pensar e de falar.

Galeguismo político, que sitúa a Galicia como principio e destino da acción de goberno.

Hai moitos séculos o filósofo Platón equiparaba a política co traballo do tecedor. É unha fermosa metáfora que practicou arreo o noso galeguismo histórico, obsesionado con evitar as discordias e empeñado en atopar fíos consistentes que nos mantiveran unidos. Atopamos finalmente ese fío na democracia constitucional española e no autogoberno galego.

Ambos son navíos que demostraron a súa valía en todo tipo de mares, con augas calmas e augas turbulentas como as que agora nos rodean. Neles cabemos todos, e todos podemos participar na súa mellora. O sistema parlamentario e autonómico que nos demos coa Constitución son sinónimos de moderación e de estabilidade e por esa razón os galegos, maioritariamente, téñenas incorporado á súa identidade de mulleres e homes libres. Na España actual son firmes garantes da liberdade, a igualdade e a fraternidade.

Señoras y señores. Como presidente de la Xunta de Galicia y representante ordinario del Estado en la Comunidad Autónoma, no puedo ignorar que la pandemia es una de las peores pruebas a las que se enfrentó nuestro sistema político. Es innegable que se producen desajustes en la articulación de las diferentes administraciones. Algunos de ellos son equiparables a los que padecen otros estados complejos, pero otros derivan de la que, en mi opinión es una errónea concepción del Estado de las autonomías. En él, la cogobernanza debiera ser algo habitual y espontáneo, y no presentarse como una concesión derivada de una situación excepcional.

España es un Estado compuesto, no un mosaico descompuesto con las piezas esparcidas. La Xunta de Galicia y el Gobierno central son dos componentes del Estado que la Constitución no situó frente a frente, sino al lado de los mismos ciudadanos para trabajar juntos. Es un principio que el Gobierno de Galicia practicó mucho aportando ideas durante la presente crisis, que después, en algunos casos, fueron aplicadas con carácter general. Un comportamiento acorde con una autonomía colaborativa que no se siente ajena a nada que afecte a la nación común.

Ministra de Política Territorial y Función Pública, quiero aprovechar para agradecer al Gobierno y a su presidente la felicitación que me han hecho llegar, así como su compromiso de colaboración, que ya les avanzo que es recíproco. La cooperación, que siempre es necesaria, se ha vuelto imprescindible en la actual situación y la Xunta seguirá siendo una administración leal y colaboradora.

E postos a agradecer, tamén quero facer un recoñecemento a aqueles que me precederon no cargo. Sen dúbida, sen a labor e a entrega dos presidentes Touriño, Albor, Laxe e Fraga, a Xunta de Galicia non sería hoxe o que é.

Mención especial quero facer de Manuel Fraga, por ser o que máis tempo ocupou a máis alta responsabilidade de goberno que outorga o pobo galego.

Señoras e señores. Nesta cerimonia tan distinta (como tantas cousas estes meses) na sede parlamentaria, aspiro a que tome posesión unha idea de Galicia. Afectuosa, ampla, fraterna, que quere estenderse como unha aperta a todos os galegos. Considérome simplemente un intérprete temporal de valores que o noso pobo atesoura dende a noite dos tempos. Os galegos escriben o guión.

Desde os “verdes castros” antigos ata este 5 de setembro de 2020, Galicia ten sido unha síntese incesante, unha suma, unha xuntanza de vontades e culturas onde a palabra “alleo” non ten sitio. A nosa terra non é un río que se divide en afluentes, senón un caudal coma o do Miño (ao seu carón vivín coa miña familia) que se enriquece con afluentes diversos. Esa Galicia non limita con nada porque non ten límites. É española e europea e reivindica e exerce o seu papel en España e en Europa.

A esta Galicia convertida nunha democracia madura non se lle pode agochar a verdade. A verdade fainos libres e forma parte do que os galegos poden e deben esixir aos seus gobernantes.

Descoñecemos toda a dimensión dunha crise que modifica o noso estilo de vida. Soamente podemos facer previsións sobre o impacto que pode chegar a ter nos diferentes sectores económicos e o tempo que necesitaremos para recuperar o que se perda. E a isto, lamentablemente únese a imposibilidade de precisar o día no que poidamos dicir que este pesadelo rematou. Velaí a verdade.

Pero xunto a esta verdade, hai outra non menos certa. Galicia non vai ser gobernada polos acontecementos, nin será un espectador pasivo. Actuamos, preparámonos, anticipámonos, cooperamos e podemos estar seguros de que –como noutros momentos da nosa historia, tamén a máis recente- xuntos volveremos superarnos.

Tendemos nuestra mano y sentimos como propio lo que acontece en Castilla y León, Madrid, Andalucía –hoy representados aquí por sus presidentes- y también en Asturias, Cantabria, Castilla La Mancha, País Vasco, Navarra, Aragón, Comunidad Valenciana, Islas Baleares, Islas Canarias, Extremadura, La Rioja, Cataluña, Murcia… es decir, lo que todos somos: España, representada aquí por la Ministra.

Galicia responde ante as adversidades como a gran familia que somos.

Esforzámonos por protexer aos que máis queremos.

Apoiámonos os uns nos outros para saír adiante.

E levamos e levaremos sempre con nós aos que xa non están aquí.

Choramos xuntos pero tamén celebraremos xuntos.

Máis pronto que tarde, Galicia –como España, como o mundo- vivirá a normalidade sen adxectivos que todos merecermos.

Tomo hoxe posesión como presidente da Xunta de Galicia para servir ás galegas e galegos nesta tarefa e obxectivo común.

Moi consciente de que esta inmensa honra só é superada pola responsabilidade que implica e co compromiso de dar de min todo o que son.

Nunca esquecerei a aldea de onde veño, a familia que me criou e a familia que hoxe teño, para exercer coa humildade necesaria e, para cumprir axeitadamente co meu deber, sempre terei presente a quen me debo: Galicia.

Non perdamos de vista a realidade á que aínda deberemos enfrontarnos; pero miremos cara adiante con esperanza porque algún día ollaremos cara atrás e toda esta dor e todos estes esforzos serán tamén orgullo polo que xuntos fomos capaces de facer e de acadar.

Porque fomos e seremos quen, Porque Galicia é quen.

(Discurso de toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galicia)
Núñez Feijóo, Alberto
Núñez Feijóo, Alberto


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES