Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: ¡Boas novas!

sábado, 26 de abril de 2008
Para o Camiño Francés. Despois de dez anos, chega a prometida igualdade de oportunidades para os pobos pequenos do Camiño.As igrexas de San Estevo de Liñares e San Xoán do Hospital da Condesa, o 2º e o 3º despois de O Cebreiro, van ser totalmente restauradas.

Boa nova, sobre todo, para os veciños e peregrinos/turistas que visitan esta Zona do Cebreiro, entrada á Nosa Terra. O pasado xoves, o DOG daba a noticia da licitación das obras e do seu orzamento por un total de 172.000 euros.Son: 93.000 para Hospital e 79.000 para Liñares.

A Consellería de Cultura e Deporte (Xunta Galicia) é a responsable das obras que, segundo o anuncio do seu Gabinete de Comunicación, con todo detalle, vai ser realizada, a conciencia. Desde a drenaxe exterior até o amaño das torres, campás e os seus valiosos retablos. Sería un bo complemento rematar tamén as xa comezadas obras de rehabilitación destes dous pobos.

Temos noticias de que van seguir despois os arranxos tamén das dúas igrexas que quedan no Camiño, no concello de Pedrafita: a de San Xoán de Padornelo (nas abas do Alto do Poio, 3,333 m.) e a de San Xoán de Fonfría. Así quedarán rematadas todas as dos monumentos históricos máis sobresaíntes do Camiño Francés na súa entrada a Galicia.¡Era necesario!

A Mancomunidade de alcaldes celebrou a súa xuntanza en Triacastela. Persoalmente, creo que, máis ca insistir na publicidade e empregar tempo e cartos en ver a quen corresponde o mando e obrigas, sería máis útil unir ideas/plans, clarexar puntos e pórse de acordo con quen faga falla sobre a Lei da delimitación do Camiño e a súa aplicación. ¡Hai problemas máis urxentes ao longo do Camiño!


Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES