Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A participación e creatividade nas festas populares

lunes, 07 de septiembre de 2020
Comentabamos días pasados o alcance da aplicación do principio da discriminación positiva na programación musical da radiodifusión española en 1969. Aquela Orde ministerial pretendía limitar as emisións masivas de música anglosaxona, protexendo a música lixeira cantada en castelán, incluíndo tamén taménas que denominaban “linguas rexionais”.

Este principio xurídico da discriminación positiva recoñecido polo noso ordenamento xurídico e xurisprudencia tamén ten sede no dereito comunitario. Xa que logo, é de obrigado acatamento tal doutrina polas institucións públicas. A súa incorporación aos regulamentos e ordenanzas municipais é a garantía da igualdade real de oportunidades para a lingua galega nas probas de acceso á función pública e nas convocatorias para a adxudicación de servizos públicos.

Grazas á comentada Orde ministerial de 1969 a lingua galega acadara unha importante presenza na música lixeira daqueles tempos. Cómpre lembrar como algunhas cancións interpretadas por Andrés do Barro, Juan Pardo, Los Tamara, Bernardo Xosé, Amancio Prada, o grupo instrumental Los Relámpagos que popularizaron a Alborada de Veiga... traspasaron as nosas fronteiras xeográficas a través das ondas radiofónicas, chegando a espazos inéditos do lecer. Tanto Julio Iglesias como María Ostiz,iso si, con certo desleixo lingüístico, colocaron algúns dos seus temas nos grandes éxitos de audiencia e vendas na discografía do momento.

Nos espazos musicais da TVE – a única que había – eran frecuentesas actuacións dos mencionados cantautores e dalgúns estranxeiros cantando no noso idioma. O impacto que tiveron estas actuacións nos medios audiovisuais foron considerables. Afectaran tanto á autoestima dos galegos, que os centros galegos esparexidos por Europa e América incorporaran a estes coñecidos artistas ás súas programacións festeiras.

O espazo radiofónico semanal, “Pandeirada”, emitido en lingua galega por Radio España que dirixía Manuel Torre Iglesias, contribuíu a poñer de moda a música lixeira cantada en galego en todo o territorio peninsular e que o noso idioma fose aceptado polos radiouvintes.

Os grupos folclóricos, que resistiran grazas aos esforzos de agrupacións heróicas como Cantigas e Agarimos, Toxos e Flores, Coral de Ruada... e algúns quintetos de música tradicional, que fuxiran da nefasta tutela da Sección Femenina e da “Organización de Eduación y Descanso” vencellada ao Sindical Vertical do réxime franquista, que maltrataton todo o que puideron o noso cancioneiro popular, volveron rexurdir con grande pulo.

Contemporáneo foi tamén o Ballet Rey de Viana, que comparteu escenarios internacionais coas afamadas compañía de Igor Moiséyev, Alicia Alonso e o Ballet Nacional de España, entre outros. Os que por idade puidemos asistir á programación de verán do auditorio o aire libre de Castrelos, o máis grade de Galicia, comprobamos como os vintecinco ou trinta mil espectadores vibraban coa música e coreografías de Rey de Viana, que un bo día unha conselleira de cultura nacionalista da Xunta de Galicia, sen explicar as razóns, acordou disolver tal ballet, poñendo cabo a unha concreción dunha vella arela das Irmandades da Fala.

Falabamos na anterior colaboración da campaña de dinamización lingüística que baixo o rubro de Mil Festas Máis para a Lingua Galega vén promovendo a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, para que as comisións de festas municipais e parroquiais incorporen aos seus programas a contratación de grupos musicais que interpreten música lixeira e culta en galego. Está máis que comprobado que a programación de grupos de música tradicional, moi do gusto da xente, garante o éxito coa asistencia masiva de público. Consideramos que é tamén moi oportuna a participación de grupos teatrais, asi como a posta en valor do patrimonio material e inmaterial do espazo territorial correspondente.

Hai que cambiar a mentalidade dos programadores das festas populares; para iso os concellos deberían organizar seminarios dirixidos ás comisións organizadoras, ofrecéndolles modelos de programas ao tempo que avezalos nunha mellor xestión dos recursos económicos coa colaboración de antropólogos, etnógrafos e historiadores, para conseguirmos unhas festas máis creativas, participativas e galeguizadas.

En tempos de grandes mudanzas, como os que estamos a vivir, é imprescindible botar man do coñecemento e da imaxinación para podelos afrontar.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES