Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (10)

viernes, 04 de septiembre de 2020
Outros santuarios lucenses adicados ao san bernabé: Baleira

1. Localización

Coordenadas U.T.M.: X: 643.257 Y: 4.776.194
O santuario, dende unha óptica eclesiástica, está situado no lugar do San Bernabé, pertencente á freguesía de Santiago de Martín, arciprestado de Luaces, diócese de Lugo. A efectos civís pertence á parroquia de Santiago de Martín, que forma parte do concello lucense de Baleira.

2. Peculiaridades artísticas do recinto sacro
Trátase dunha capela, que amosa unha nave rectangular cunha cuberta de lousa a dúas augas. O presbiterio, tamén rectangular, e maior que a nave e mostra unha cuberta de lousa a catro augas. Os muros que a delimitan son de cachotería e a fachada, que A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (10)remata nun campanil sinxelo, presenta unha porta con lintel; tamen mostra na súa parte inferior un esmoleiro, que permite introducir a esmola a unha caixa, colocada no interior da capela. No seu interior, apreciamos as tallas de San Bernabé, San Pablo e San Pedro; tamén unha talla pequena do San Bernabé, de bicar, e outras dúas, tamén pequenas, situadas enriba dunha repisa de madeira, adherida ao muro lateral dereito.

3. Territorio de graza e pedimentos
O día 11 de xuño, festividade do San Bernanbé, soen acudir devotos non só do concello de "Baleira", senón tamén doutros concellos limítrofes como Castroverde, Ribeira de Piquín, Pol, A Fonsagrada, Meira, Neira de Jusa, Navia de Suarna, A Pontenova... Tamén acoden algúns das zonas maís noroccidentais de Asturias, como A Garganta e Os Oscos.

Os romeiros adoitan ofrecerse por doenzas humanas e de animais. Tamen acostuman vir por outros problemas de índoble familiar e social.

4. Rituais e ofrendas
Os devotos para acadar o pedimento, deben cumprimentar unha serie de rituais:

Oir unha das tres misas, que se ofician no santuario ás 11:00, 12:00 e 13:30, esta última é concelebrada por tres cregos.

Participar na procesión, que se realiza ao rematar a misa solemne das 13:30 horas; neste ritual interveñen os seguintes elementos: a cruz parroquial e o pendón da confraría; as imaxes do San Pedro, do San Pablo e do San Bernabé, levadas nas andas por devotos; os cregos concelebrantes; e, como remate, os fieis colocados sen distinción de idade e sexo.

"Poñer o Santo", este ritual executao un fregués da parroquia, que da a bicar unha imaxe pequena do Santo; logo, pasaa por riba da cabeza dos devotos; e, finalmente, volve a dala a bicar; mentres leva a cabo o ritual, recita a seguinte xaculatoria: "Cristo vivo, Cristo rei, por medio de San Bernabé, que che quite todo mal. Amén".

Levar a cabo o "Ritual da Fonte". Un bo número de devotos/as realizan un ritual de contacto coa auga da "Fonte do Santo", emprazada moi preto do recinto sacro. Este ritual consta de dúas partes:

1ª. Os devotos, que acoden á fonte, lavan cuns panos aquelas partes dos seus corpos doentes: ollos, mans, pernas. A auga ten unha función ambivalente, xa que implica morte -enfermidade- e rexeneración -saúde-.

2ª. Logo, penduran os panos nas ramas dunhas árbores, que hai a carón da fonte, habendo a crenza de que axiña que os panos vaian podrecendo as doenzas das persoas irán desaparecendo.Esta segunda fase do ritual simboliza a expulsión do estado de enfermidade e polo tanto a paulatina recuperación do estado de saúde
A dimensión relixiosa popular do S. Bernabé en Meilán, Riotorto, Lugo; e noutras comarcas limítrofes. Tipoloxía dos exvotos (10)
Ademais, os fieis levan a cabo unha serie de ofrendas: custean misas na honra do santo -unhas 45-, que serán oficiadas polo párroco no transcurso do ano. Deixan diñeiro no intre de poñer o santo nunha bandexa ou boeta, que se encontra ao carón do poñente; tamén nos esmoleiros, que hai no interior da igrexa, e no momento de oir unha das misas, que se celebran no santuario. Traen "velóns", que colocan nun moble rectangular, adosado á parte superior do muro lateral dereito; estes adoitan estar acesos no interior da igrexa ata que rematan os diferentes oficios relixiosos. Tamén ofrecen figuras de cera, que simbolizan a unha serie de animais: cochos e vacas, así como ao corpo humano, enteiro ou nalgunha das súas partes: brazos, pernas, pés, etc...; esta ofrenda encontrase pendurada nuns ganchos, colocados na parte superior do muro lateral esquerdo, de onde os devotos poden collela mediante o previo pago dunha esmola por cada figura, e oir unha misa.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES