Moito agradecemento
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de septiembre de 2020
Din que é de ben nacidos ser agradecidos.
A palabra GRAZAS ten efectos moi gratificantes.
Cando alguén nos dá as grazas: sentimos un benestar interior que premia a nosa vida por un bo proceder.
¿Cando debemos dá-las grazas?
A min paréceme que: sempre.
Digo sempre porque cando sentimos premiada un boa acción, xa leva intrínseca a gratitude e cando non, serve para aprender: aprender o que non se debe facer.
-AGRADEMENTO ÓS NOSOS PROXENITORES.
Son os nosos pais, padriños, avós e parentes en xeral as primeiras persoas coas que contactamos e as primeiras que van perfilando a nosa personalidade.
Os proxenitores non son perfectos, pero son os que máis se oocupan dos nosos coidados.
Por eso debemos amalos e respectalos ó longo de toda a vida.
Darlles o mellor que poidamos como fixeron eles con nós.
Sufrir con paciencia os seus defectos como eles sufren os nosos.
-AGRADECMENTOS ÓS NOSOS PARENTES.
Os parentes son a prolongación dos da casa. Algúns pesan moito nas nosas vidas.
Non deberían morrer nunca; de feito non morren porque os levamos no corazón.
-AGRADECEMENTO ÓS NOSOS MESTRES.
O valor dos Mestres nas nosas vidas é incalculable.
Son os encargados de encerdernos as luceciñas do coñecemento nas nosas mentes.
Grazas ó seu valioso labor educativo podemos desenrolar o mellor dos nosos talentos.
As diferenzas entre unha persoa con escola a outra sen ela son ben patentes.
Ninguén pon en dúbida o valor da educación; por algo será.
-AGRADECEMENTOS Ó PERSOAL SANITARIO.
Trátase de persoas que dan o mellor de si mesmos para conservar no mellor estado posible a nosa saúde física e mental.
Cando nos falla a saúde, sentímonos moi mal e cando o personal sanitario nos ofrece os coidados oportunos para recuperala, vemos o ceo aberto.
-AGRADECEMENTO ÁS AMISTADES.
Ser unha persoa amiga ten moito valor e encontrar amigos leais e fieis é unha gran sorte.
Os amigos son a familia que eliximos.
-AGRADEMENTO ÁS AUTORIDADES.
Hai autoridade de tódalas tallas, pero as que saben exercer como tales, teñen un valor extraordinario.
Hai que respectalas sempre.
-AGRADECEMENTO A CANTOS NOS PRECEDERON.
Os noso antecesores construíron o mundo do que nós disfrutamos.
Cada xeración debe intentar progresar na medda das súas posibilidades para deixar un mundo algo mellor ós que veñen detrás.
-AGRADECEMENTO ÓS COETÁNEOS.
As persoas que nos rodean contribuen en boa medida na nosa calidade de vida e nós na deles: as boas persoas que atopamos ó longo da vida supoñen un enriquecemento digno de agradecer.
-AGRADECEMENTO Á VIDA.
Ante todo: agradecemento á vida e ó Dono da vida.
O alento de vida que nos dá o CREADOR, é un auténtico DON.
Os crentes intentamos amar a Deus sobre todo e despois ó resto das criaturas
Ser ateo ou agnóstico tampouco está reñido co amor á vida.
-AGRADECEMTOS ÁS CIRCUNSTANCIAS:
As circunstancias mandan moito na vida das persoas.
Cando nos favorecen, son unha auténtica bendición; e cando non, poden ser unha boa ferramenta para fortalecernos.
SORTE PARA TODOS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora