Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 10 de septiembre de 2020
A propiedade é inviolable!
Segundo o dicionario da Real Academia Galega, o substantivo feminino Propiedade, na súa segunda aceptación, di o seguinte: “Dereito ou facultade de posuír unha cousa, de gozar ou de dispoñer dela de maneira exclusiva.” E na terceira aceptación, dita: “Ben (terra, casa, etc.) que unha persoa posúe.” Ante isto, non entendo moi ben que é o que Pingas de Orballopasa co tema dos okupas. É que o outro día lin unha noticia na que dicía que as inmobiliarias reclámanlle ó Goberno desocupacións en 48 horas e penas de prisión. Como que en 48 horas? Nin tan sequera nin en un minuto! Ninguén ten dereito a usurpar a propiedade dunha persoa. Sei que todo o mundo ten dereito a unha vivenda, pero non na forma en que o conseguen algúns. A propiedade é inviolable, sagrada! É moi triste que vaias entrar na túa casa e non poidas facelo. Aí falla o Goberno, a xustiza (tamén é verdade que aquí nunca houbo xustiza, por moito que a sigan defendendo algúns) e Rita a Cantaora.
O que se está conseguindo con isto dos okupas é que chegará un día no que haberá unha desgraza. Se somos capaces de matar polo marco dunha leira ou pola galla dun carballo que cruza, por exemplo, a esa mesma leira, como non imos matar por unha casa, por unha vivenda; que despois da familia creo que é o máximo que ten e que lle queda a calquera ser humano. Se hai unha desgraza, ata penso que aquí si actuaría a xustiza. E se a lei está mal, que entendo que, neste caso, está moi mal, pois non queda outra que cambiar a lei. Pero xa. Antes de que botemos as mans á cabeza.

Pastoreo para un bo leite
Me cago no mundo; uns nacen para mestres, para listos e outros nacemos para pasmóns, para incrédulos. Polo mañá lin nun xornal unha noticia que me impresionou. Impresionoume tanto que, xa vedes, teño que amosar a miña admiración polo descubrimento deses listos. Resulta que uns investigadores de Mabegondo, A Coruña, Pingas de Orballomáis en concreto, do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, chegaron á conclusión de que o pastoreo das vacas mellora a calidade do leite que producen. Deus bendito, quedei alucinado! Eu, gandeiro de toda a vida, non sabía iso. Eu sempre pensei que daban moito máis leite cando botaban todo un día tirando dos carros, arrastrando os arados ou estando pechadas sempre nunhas granxas a base de pensos ou herba seca triturada. Isto é coma se se descubrise agora que valen máis vinte minutos de chuvia sobre os produtos agrícolas dunha hortiña desas nosas, por exemplo, que unha hora regando cunha mangueira. Ou que vale máis un bo cocido que un prato deses ben presentados nunha mesa pero “sin chicha ni limoná”. Hai cousas que caen de seu, que non precisan ningún estudo, por Deus.
Ás veces chego a preguntarme onde raio meten certos cartos dos contribuíntes. Se se gastan cartos en estudos coma estes, estamos apañados. Porque, para máis aquel, tamén se meteu polo medio a colaboración do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite. Dous organismos para descubrir, logo de milleiros de anos, que as nosas vaquiñas dan mellor leite se saen a pacer. Ó mellor para a semana que vén aparecen coa nova de que é mellor un bo touciño ou un bo xamón que unha hamburguesa. Vivir para ler!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES