Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 09 de septiembre de 2020
No cubil dunha alucinación
Deixo caer a persiana dos ollos e penso no “Hey You” de Fink Floyd. Boto a correr polas corredoiras dos soños cun arco e unhas frechas para matar ós biosbardos do conto que escribín días atrás. Síntome coma un Rambo cando chouto e disparo, cando berro e sangro. Nun momento dado, quedo sen inimigos e non sei que facer neste mundo de Pingas de Orballoparvos. Marcharía para unha illa deserta, pero alí sentiríame só e co desespero aniñando nos meus pensamentos. Porque, ás veces, penso. Penso en como matar o universo. Sigo coa música subida á miña chepa e cos sentimentos bailando baixo a monotonía dos responsos que se recitan nun cemiterio, en calquera cemiterio. Deixo que a suor brote do meu esforzo, do meu traballo, do meu sacrificio. De cando me esforzo por non facer nada, de cando traballo mentres estou deitado e de cando me sacrifico polo que non me interesa, polo que non me importa. Pero sempre fun un sentimental que plasmei a vida en recantos escondidos entre as liñas dun poema ou dunha canción ou dunha novela. Agora cada quen que descubra a verdade ou a mentira dun asunto, dunha invención, dunha realidade. Deixo que se me vexa a sorriso que impera nunha realidade ficticia ou que se me escoite tras un berro seco. Quizais sexa mellor oulear que berrar. Pero oulear tan só oulean os lobos. Claro que, por veces, son o lobo que se deita no cubil dunha alucinación. E aquí quedarei coma un Rambo esgotado, sen sentir as pernas e co fociño torcido... lembrando, simplemente recordando. No cubil dunha alucinación sinto o agarimo do tempo, do meu tempo.

Non queda outra que aguantar
Se quedo coa ollada perdida, miro pero non vexo. O asunto ten o seu aquel. Ter os ollos abertos e non ver é digno de estudo. Pero, si, que quede para os entendidos, para os especialistas na materia. Eu tan só son especialista na alpabarda dunha idea. Que non é moco de pavo tampouco. Non é tan fácil ter unha idea para que suba ós lombos dos paiolos. Pensar, ás veces, dá moito traballo. Eu teño que pensar algo todos os días. Pingas de OrballoPero non todos os días estou de boas ou teño ganas de lerias. Hai días nos que me rebentan os miolos porque se me acumulan as imaxes, os propósitos, as materias; e hai outros nos que a nugalla quere deitarse sobre a súa propia almofada. Cando me vexo ou me sinto impotente dáseme moi ben o berrar. E berro cara ós catro puntos cardinais. E berro para arriba e berro para abaixo. E berro desde un campanario ou esfolando un calo. Cando non berro, quedo en silencio e semello un paxariño. Un paxariño que non pía. Quedarse en silencio é case coma mirar sen ver. Porque para quedar en completo silencio nin tan sequera te podes mover. Aínda que quizais isto tamén o deberían analizar moito mellor os especialistas, os entendidos. Eu sei que moitas veces vou de listo, de chulo pola vida; poida que para presumir un pouco e, claro, despois pasa o que pasa. Que moitas veces pasa algo e outras non pasa nada. Depende do contrincante. Non obstante, recoñezo que hai moi boas ideas dos contrarios. Incluso mellores cás miñas. Claro que quen está soñando cos biosbardos son eu. Non queda outra que aguantar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES