Ano sabático
Xiz, Xulio - miércoles, 02 de septiembre de 2020
Quen vive relativamente libre e se dedica a funcións de certa relevancia, pode permitirse e adoita tomarse un ano sabático para recapitular, clarificar ideas, replantear obxectivos, e recomezar con forza a súa vida. O de sabático ven de lonxe, xa que os hebreos dedicaban o 7º día da semana (Sabbat) ao descanso, o mesmo que despois de seis de cultivos- deixaban descansar a terra o séptimo ano.
Sempre admirei aos privilexiados profesores, escritores, investigadores
- que eran quen de adoptar tan drástica decisión, pola miña imposibilidade de abdicar durante un ano tanto do traballo como da conseguinte compensación económica garante da subsistencia. E tiven que agardar á xubilación para entrar nun período sabático-laboral, no que xa levo oito anos, sendo este último o que mellor acredita o seu carácter.
Se nun ano normal veño participando nun cento de actividades culturais, este agobiante 2020 resulta ser forzosamente sabático porque desde mediados de marzo ata o momento de aparecer este artigo levo participado en só dous actos, reducidos, controlados, e confeso que se por momentos sinto nostalxia dos tempos normais, teño entrado nunha especial situación de atonía na que o descanso non pide máis que seguir pechado.
O ano sabático está ben cando é voluntario, desexado, impulsado pola necesidade de mellora ou reafirmación. Pero este período sabático forzoso, pechado, retrógrado e cego, é malo en sí mesmo e corremos o perigo de deixarnos ir se non nos repoñemos interiormente, espiritualmente, para que agredidos como estamos- nos sintamos máis fortes cando poidamos saír desde sábado mortal.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora