Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Socorros Mútuos

viernes, 25 de abril de 2008
Lemos nun vello documento: “Surgió de la nada. Así puede decirse que vino a la existencia nuestra Sociedad allá por el año 1918, cuando en la mayor parte del territorio nacional, y desde luego en Foz, el hambre y la epidemia gripal azotaban cruelmente el hogar de los humildes. Y fue entonces cuando flotó en el ambiente la feliz idea de constituir en esta villa una Sociedad de Socorros Mútuos entre obreros de todas las clases de oficio para hacer frente de alguna manera a tan angustiosa situación…”.

Nos estatutos, legalizados o 22 de abril de 1918 -hai xusto 90 anos-, figuraban como fins principais “socorrer en la forma que determine el reglamento, a todos sus individuos, que por enfermedad temporal o inutilidad permanente se hallan imposibilitados para ejercer sus trabajos habituales”; asimesmo se incluían outros auxilios e obxetivos, como era unha axuda familiar en caso de morte e a creación dun centro docente “donde pueda darse la enseñanza primaria y superior, cuando el estado de la Sociedad lo permita”. En caso de enfermidade, ademais da atención sanitaria, o socio tiña dereito a percibir 1,50 pts. diarias e as menciñas. De necesitarse operación qurúrxica, a Sociedade xestionaría o ingreso nun hospital abonando os gastos de viaxe a que deran lugar. Contemplábase tamén a posibilidade de que a Sociedade concedese créditos ós seus asociados a un interese do 3%.

En 1923 redáctanse novos estatutos e pasa a denominarse Pósito Marítimo e Terrestre de Foz, engadindo ós anteriores os obxetivos de organizar a comercialización e exportación da pesca, adquirir novas embarcacións e utensilios, establecer os seguros de vellez e de viudez e orfandade, etc. Seis anos mais tarde (1929) créase a Confraría de Pescadores que potenciaba os fins e medios das entidades precedentes.

A fundación do Instituto Social da Mariña en 1942 e o Montepío do Mar en 1952 ven a relegar a función asistencial da Confraría e a Sociedade de Socorros Mútuos segue ofrecendo atención médica ós seus asociados ata o ano 1960. Foi o último facultativo da mesma don José Candia.

Sen dúbida que os promotores do ente eran xentes progresistas e preocupadas pola penuria económica e asistencial dos traballadores; pero esa carencia de medios fixeron inviable boa parte dos obxetivos que se marcara a Sociedade.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES