Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Para que están os pombos?

jueves, 03 de septiembre de 2020
Volven as nubes poboar o ceo ourensán. Marisol canta o tema "Dille que volva". A quen? Ó rei? Agora correde detrás del. Ou como me dicía miña nai cando lle botaba unha carreira e me pasaba a dianteira: "bícame no cu que teño paxariños". Así nos dirá o emérito. Estanos ben empregado. Ademais, así o queremos. O pasado mércores lin neste mesmo xornal que "máis de 70 exministros e altos cargos apoian a Juan Carlos I". Madía leva! Como eses teñen poder económico e lles dá igual que teñamos que manter a unha monarquía que non necesitamos... Para que están os pombos? Veña, autor, non divagues, oh; que molestas. Xa, pero hai cousas que... Que aínda que sexan verdades coma catedrais, molestan. E o peor de todo é que a eses que lles molesta, no fondo, recoñecen o esperpento, a sangría. Calmo os nervios co tema "Wandering Saint", que Lakshminarayana Subramaniam compuxo para a película "Baraka". Si, un tema moi apropiado para a relaxación, para que me relaxe. Relaxo e miro para fóra a ver se chove. Non chove. Tampouco hai sol. Xa dixen ó principio que había nubes. Como nubes tamén hai en certos concellos por culpa dos transfuguismos. Pois dálle! E volves a querer meterte en camisa de once varas. Eu? Que va! Eu de varas só coñecía aquelas que facía de bidueiro ou de salgueiro para tanguer as vacas. Tan só para que me respectasen, eh; que non era de moito pegar. Pobriñas, dábame pena. Así me levaba unha eternidade chegar ó monte Medo con elas. Claro que, ó non tanguelas e como me aburría, de aí collín a costume de ler andando. Benditas!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania