Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Un País de Cunetas

miércoles, 02 de septiembre de 2020
Aínda estou un pouco impresionado polo documental cinematográfico que vin o pasado luns pola segunda canle. “A maleta mexicana” (2011) está dirixida pola británica Trisha Ziff, aínda que radica e traballa en México. A proba é que o documental ten a Pingas de Orballo: Un País de Cunetasnacionalidade mexicana. Tal filme conta a historia de 4.500 negativos que tres monstros da fotografía chamados Robert Capa, Gerda Taro e David “Chim” Seymour tomaron durante a nosa Guerra Civil. Tales negativos desapareceran e atopáronse 70 anos despois na Cidade de México.
Con respecto á calidade técnica, quizais sexa mellor o documento que o propio documental, que mestura as imaxes das fotos coas testemuñas de certos personaxes ou entendidos na materia, así como algún que outro sobrevivente desa aniquilación fascista. O documental tamén descobre o papel que México xogou durante a Guerra Civil española e o seu apoio á República no exilio. E tamén amosa o “escaqueo” que España realiza sobre a súa propia catástrofe. Pensamos que ignorando o pasado curamos as feridas. E levamos máis de oitenta anos ignorándoo, ou sexa, coas feridas abertas.
“A maleta mexicana” é un documental curto (o que dura un partido de fútbol) que remove as conciencias de quen as temos. Poucos. Se realmente todos tiveramos conciencia, non habería aínda tantas fosas comúns sen abrir. Sempre fomos un país de cunetas. Non obstante, e tal como cita o documental: oxalá as novas xeracións queiran saber realmente o que pasou aquí en corenta anos de ditadura.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES