Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vacuna, unha oportunidade (perdida?)

miércoles, 02 de septiembre de 2020
A vacuna contra o Covid está sendo o centro dun novo pulso entre potencias mundiais. Refírome a Rusia, EEUU e China; é dicir, nun momento crítico do mundo a xeopolítica mantén as súas pugnas particulares tendo, como sempre, a humanidade de rehén. Ninguén é capaz de ver nisto unha oportunidade de facer unha realidade máis xusta na que saír unidos da pandemia.

Imaxinemos, por un momento, que calan os egos do mundo, que ata semella que desaparecen e que a comunidade científica comparte investigacións marcándose o gran reto dunha vacuna que remate con este xigatrón.

Imaxinemos, xunto con isto, que cos grandes egos tamén cala o capitalismo e que, por unha vez, existe unha accesibilidade universal ao dereito sanitario (que tamén é universal). Velaí unha solución para todas as pandemias que sufrimos que desgraciadamente non vai ser posible porque os egos van seguir a súa escalada e este pulso vai seguir ata encarecer a solución á pandemia.

Unha vez dixo Sés “prefiro ser merda que ouro falso”, semella que o mundo está eclipsado de ouro falso e non ve a propia miseria. Mentras non a vexa, limpala é imposible...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES