Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rodaballo á portuguesa

viernes, 02 de mayo de 2008
A canción popular conta como catro rapaces da Puebla pescaron un rodaballo que, por non ter aceite, houbo que comelo asado. O rodaballo é un peixe dos máis apreciados na cociña galega.

Hogano, o rodaballo xa non é, maioritariamente, froito dunha difícil pesca nas nosas augas senón que se cultiva de xeito masivo en instalacións que garanten producción abonda para un consumo cada vez máis importante.

Pescanova quixo montar unha gran instalación de producción de rodaballo – tres millóns e medio de kilos de peixe ó ano, que chegarán a dez millóns máis adiante– e non foi posible porque a zona estaba afectada polo Plan Natura, de acordo con normas que se supón afectan a toda a Unión Europea. Sen embargo, a instalación foi posible instalala en Portugal, en Mira, cun investimento de cento trinta e cinco millóns de euros.

En novembro vai comezar a funcionar esta instalación que puido ser galega pero foise a Portugal, sinal de que os raseiros aplicables son diferentes, e que quizais fallou o diálogo económico-político entre unha das nosas máis importantes empresas e o goberno autonómico.

De nada valen lamentos agora polo que puido ser e non foi. Pescanova lamenta a perda de tempo nun plan que puido ser galego, e afirma non investirá en Galicia ata despois do dous mil dez.

Tentémonos no futuro antes de rexeitar proxectos importantes para o país. A planta de producción puido ofrecer ó mercado millóns de kilos de rodaballo “made in Galicia”; agora temos oferta millonaria de “Rodaballo á portuguesa”.

O malo é que, segundo parece, os criterios de non deixar asentarse a instalación en Cabo Touriñán, poden ser modificados. Pero xa é tarde. Alomenos para esta vital iniciativa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES