Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que baixe a caña!

martes, 29 de abril de 2008
Na antoloxía do humor galego figura en lugar de honra a petición daquel político que, para congraciarse cos seus paisanos, pedía con vehemencia “¡Que suba o pan e que baixe a caña!”, que subira o pan malia ser producto de primeira necesidade, e que baixase a augardente que entendía era producto aínda máis necesario que o propio pan.

Algo así parecen pedir os nosos rapaces se damos por bo o estudio elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude en colaboración coa Universidade de Compostela, que conclúe que ó sesenta e cinco por cento dos rapaces galegos non lles preocupa o máis mínimo a política, mentras si estan maioritariamente interesados no consumo de alcohol, estando dispostos arredor do setenta e cinco por cento a acudir ós botellóns, concentracións que se caracterizan polo asequible para as economías xuvenís, e pola liberdade que supoñen as súas celebracións diante da autoridade competente.

É pois a caña tamén aquí a que interesa máis ca o pan. Non lles interesa a política, xeito de gobernarnos en democracia, e na que os mesmos rapaces tomarán o relevo sen agardar moito tempo, mentras que o insustancial e accesorio é o que cobra maior protagonimo e importancia.

Camiñamos hacia un mundo do revés. O malo é que o mundo dos rapaces fixémolo nós, e eles son producto das nosas accións e das nosas omisións. O que eles pensen, digan e fagan, está herdado de todos nós. Algo ou moito fixemos mal, e agora teremos que remedialo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES