Relaciones enriquecedoras
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de agosto de 2020
Todos sabemos que o ser humano é sociable por natureza, sencillamente porque necesita amar e ser amado.
Todos precisamos da axuda dos outros, por eso necesitamos relacionarnos:
-Na vida matrimonial.
-Na vida familiar.
-Na vida laboral.
-Na vida parroquial.
-Na vida social.
-Con persoas da mesma idade.
-Con persoas da mesma profesión.
-Con persoas de diferente condición.
-Con persoas de diferentes idades.
-Con persoas de cerca.
-Con persoas de lonxe
-Incluso con persoas de diferente lingua, cultura, relixión, raza
-CANDO NACE UN MATRIMONIO, nace unha comunión de amor que dá lugar a unha relación familiar: dúas familias que se unen, unhas criaturas que nacen, vese medrar a familia...
Se cada membro sabe ocupar o seu debido lugar, as relacións familiares son sumamente enriquecedoras, sobre todo cando unen os lazos do sangue.
-CANDO NA VIDA LABORAL SE GOZA DO APOIO DO BOS PROFESIONAIS EN TORNO A UNHA CAUSA COMÚN; as relacións producen moitas satisfaccións a nivel de realización persoal e tamén dan moi bos froitos para a sociedade en xeral.
Son unha boa fonte de riqueza persoal e comunitaria.
-CANDO UNHA PARROQUIA CATÓLICA, ou doutra relixión, FORMA UNHA COMUNIDADE ESPIRITUAL E SOCIAL; os lazos relixiosos favorecen a fraternidade e a intercomunicación entre os seus membros porque o Espírito Santo alenta a convivencia mediante a Palabra de Deus.
-CANDO NOS RELACIONAMOS CON PERSOAS DA NOSA XERACIÓN, xa temos moitas cousas en común.
Pertencer á mesma época favorece o entendemento entre persoas porque teñen moitas vivencias en común.
-CANDO NOS RELACIONAMOS CON PERSOAS DE TÓDALAS IDADES o enriquecemento é maior porque se suman vivencias e experiencias.
Os maiores aportan a experiencia e a xuventide novas vivencias, novas iniciativas, aire renovado
-CANDO NOS RELACIONAMOS CON PERSOAS DE DIFERENTES LATITUDES, amplíanse os diferentes puntos de vista.
Por eso a maioría das persoas aproveitan para viaxar canto máis poden.
Viaxar enriquece moito
Na actualidade vivimos nun mundo globalizado que presenta moitos beneficios para todos.
Lástima que haxa tantas diferenzas, tantas desigualdades, tantos odios, tantas envexas, tanto egoísmo, tantos intereses creados entre países, entre latitudes, entre razas
ESTAMOS CHAMADOS A ENTENDERNOS; pero eso debe ser un proceso moi lento, tan lento que non o verán os nosos ollos, aínda que, a esperanza nunca debe perderse.
DO QUE SI PODEMOS GOZAR E DISFRUTAR EN PLENITUDE É DESE CÍRCULO DE PERSOAS COAS QUE NOS ENTENDEMOS E NOS ENTENDEN, ÁS QUE QUEREMOS E NOS QUEREN.
Esas persoas son un soporte emocional moi importante nas nosas vidas.
Estas relacións son os verdadeiramente enriquecedoras.
¿Qué sería de nós sen tantas e tantas persoas que nos axudan a formar a nosa personalidade, a adquirir uns coñecementos para defendernos na vida, a ser a clase de persoas que chegamos a ser?
A todas elas debémoslles moito agradecemento.
MOITO AGRADECEMENTO
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a vostede que téndome na súa consideración nesta ocasión forma parte dalgún xeito do meu círculo de relacións enriquecedoras.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora