Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saúdos, abrazos e bicos

miércoles, 26 de agosto de 2020
Non é que eu sexa especialmente expresivo en directo, pero este tempo opresivo aféctame por restrinxir os máis mínimos saúdos. Atopar persoas que coñezo e estimo, e non poder dar a man ou unha palmada nas costas, e reducir todo a un “Ola”, no que nin siquiera se aprecia o sorriso filtrado, déixame frustrado.

Teño amigos de dar a man e amigas de bico na meixela, acompañado todo das palabras axeitadas; amigos de aperta estreita, e amigas que acompañan a aperta cunha man acariñando a espalda; e amigos de bico na meixela como se da a un fillo, pai ou irmán. Pero iso é pasado porque agás a familia máis de preto, polas actuais circunstancias, mantéñense distancias e evítanse contactos físicos, limitándose aos auditivos e visuais, e nestes últimos eu xogo con desventaxa.

Agora, as apertas úsoas con fruición nos correos electrónicos, que aí poido seguir sendo expresivo, pero teño que conterme a diario aínda que ás veces, sen decatarme, propásome de acordo con estas reglas estrictas que convirten en vulgar o máis rancio protocolo.

As actuais normas de boa conducta impoñen que o máximo contacto entre persoas de calquera condición é un xesto extrañamente amaneirado de achegar os antebrazos ata que os cóbados se encontren, acompañando todo dun sorriso que non se aprecia porque a mascariña tapa todo. Cada vez que contemplo esa ridiculez lembro que de nenos, en Vilalba, cando queríamos provocar ao que por momentos pasaba de amigo a contrario, empuxabamolo co ombreiro como provocación que desembocaba en retroceso ou agresión. Cando vexo a dous políticos saudarse así, pensó que van acabar a losqueadas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES