Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustiza, inxusta por lenta

lunes, 28 de abril de 2008
O de “que teñas pleitos e os gañes” é un refrán que, como todos, ten un fondo de realidade porque mellor é un mal arreglo que litigar co que esto supón de custos e de espera.

Porque cando se plantea unha demanda xudicial é que hai unha importante diferencia de criterio nun tema económico, de propiedade, de dereitos, que compre sustanciar rapidamente para que non se deturpe e a situación se volva irreversible.

E sen embargo, considerados globalmente, os problemas eternízanse, os xuizos dilátanse e cada vez son máis os asuntos pendientes de resolución, sendo Galicia a segunda comunidade con máis atraso xudicial de España, estando 122.697 asuntos nosos, galegos, pendentes de resolución xudicial.

Se ben A Coruña (51.982) e Pontevedra(44.084) concentran a mayoría dos casos pendentes (o setenta e oito por cento), por ser as provincias que presentan tamén máis litixios, Ourense con 13.656 e Lugo con 12.975 teñen tamén unha rémora importante, que non fai máis ca aumentar.

Os xuizos rápidos que se aplican en determinadas materias son claros exemplos de cómo ten que ser a xustiza. Pero son imposibles de aplicar en temas que requiren estudio detido, aportación de probas e documentación e complexos trámites.

A nosa xustiza precisa medios, precisa modernización e informatización, precisa unha política decidida de progreso por parte da administración competente. Mentras a xustiza non progrese, mentras non se poña ó día, mentras haxa retraso en xulgar temas de importancia, produciranse situacións inxustas prolongadas no tempo.

A xustiza ten que ser rápida. Do contrario, non cumpre co seu papel. Non é xustiza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES