Sempre, Internet
Editorial - viernes, 25 de abril de 2008
A Rede ven sendo considerada como unha solución para numerosos problemas, económicos ou sociais, da mesma Internet ou da vida real.
Houbo un tempo, ó comezo deste século recén nado, en que quen non estaba na Rede non era ninguén, e que calquera punto.com era garantía de rendibilidade e valor real inestimable.
A crise foi tremenda, pero o sector recuperouse, e na actualidade Internet volve ser estimada, máis no seu xusto valor que antes, como valor futuro, imprescindible lugar onde estar e testemuña de camiño de futuro, lento pero imparable.
Agora a construcción está en crise, medran os parados, páranse as vendas, baixan os precios... e Internet faise imprescindible para intentar unha operación novidosa por parte de promotoras de vivendas que van subastar pisos na Rede ata cun vinte por cento de desconto sobre o seu valor de tasación.
Primeiro serán vivendas, logo locales comerciais, e despois entrarán na operación as entidades financieiras que tamén precisan vender os inmobles que teñen no seu poder e son máis unha carga que unha cómoda posesión.
Internet será a canle imprescindible para a operación. Sempre, Internet como solución. Utópica ou real. Imprecisa ou calculada. Hoxe hai xa moi poucos aspectos da economía e da sociedade nos que non interveña Internet. Se é que queda algún.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora