Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Negacionismo 2.0

miércoles, 26 de agosto de 2020
A semana pasada asistimos con estupor a unha convocatoria de manifestacións disque pola liberdade e contra as restricións impostas polo covid.

Estes “defensores da liberdade” xuntáronse para facer todo o indebido, protestando contra un goberno disque liberticida. Isto parece unha toleada ou podería ser un sketch de humor pero a realidade supera de novo á ficción.

Agora estamos á espera da “semente” destes irresponsables.

Ás veces penso se foi bo o feito de non visibilizar excesivamente a morte. Teño claro que foi o ético porque a morte forma parte da intimidade persoal pero ante os argumentos do negacionismo pregúntome se faría falla unha visibilización da traxedia.

Chegados aquí, espero unha actuación contundente da xustiza contra o movemento negacionista da cabeza aos pés pero, tamén, o descrédito e a defenestración do seus líderes que no fondo están poñendo en perigo ao pobo.

Falta nos fai sentidiño, que tolos xa temos abondo e, se cadra, representados nas institucións mundiais.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania