Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os avós fan falta

jueves, 20 de agosto de 2020
Todos sabemos que os avós son os pais dos nosos pais; pero non tódolos netos teñen a posiblidade de disfrutar dos avós nin tódolos avós poden disfrutar dos seus netos.

As razóns poden ser variadas:
-Unha parte da infancia non coñeceu ós seus avós porque xa faleceran antes.
-Outra parte apenas coñece ós seus avós porque viven moi lonxe do seu lugar de residencia.
-Outra parte apenas trata ós seus avós porque están ingresados en residencias xeriátricas.
-Outra parte vese privada do disfrute dos avós por problemas familiares.

TODOS OS CASOS ANTERIORES TEÑEN UNHA CARENCIA:
-Unha carencia de convivencia.
-Unha carencia de afecto.
-Unha carencia de transmisión do legado familiar.
-Unha carencia de comunicación.
-Unha carencia de enriquecemento interxeracional.

Os netiños vense privados de boa parte das súas raíces familiares e os avós tamén sofren moito.

PERO AFORTUNADAMENTE HAI UNHA BOA PARTE DA INFANCIA QUE DISFRUTA DAS RELACIÓN INTEXERACIONAIS ENTRE ÁMBALAS DÚAS XERACIÓNS.

Certo que a responsabilidade do sostén e educación corresponde ós pais; pero os avós tamén xogan un papel moi importante.

Este papel importante de relacións interxeracionais pode levarse a cabo de diferentes maneiras:
Hai casos, sobre todo no medio rural, que conviven as tres xeracións nun mesmo fogar.

Neste caso a relación é moi intensa porque os avós:
-REPRESENTAN O LEGADO DAS TRADICIÓNS.
-REPRESENTAN AS RAÍCES FAMILIARES.
-REPRESENTAN A IDIOSINCRASIA FAMILIAR.
-REPRESENTAN A SABEDORÍA QUE SE ADQUIRE CO LONGO DOS ANOS…

As criaturas que teñen a sorte de nacer e medrar neste ambiente gozan dunha calidez humana e dunha tenrura que marcan para sempre a súa personalidade.

A maioría das criaturas que nacen nas urbes, medran en mans alleas en moitas ocasións: asistentas, gardeirías, actividades extraescolares, campamentos de verán, semanas na neve…

NUNCA AS MANS ALLEAS PODEN SUSTIRUÍR ÁS PROPIAS POR MOI BOAS QUE SEXAN.
Esta realidade dá lugar a unha sociedade que ten por obxectivo “TER” ANTES QUE “SER”

DE TAL XEITO QUE A XENTE NOVA TEN MÁIS COUSS QUE NUNCA; PERO É MENOS FELIZ QUE NUNCA.
E tamén lle falta madurez en moitas coasións.

OS AVÓS FAN FALTA:
-Para transmitir experiencia, afecto e sabedoría.
-Para recibir cariño e agradecemento dos seus vástagos.

AFORTUNADAMENTE HAI FAMILIAS MOI EQUILIBRADAS QUE MANTEÑEN O CONTACTO COS A VÓS Ó MESMO TEMPO QUE GOZAN DE AUTONOMÍA PROPIA.

OS AVÓS SON CARNE DA NOSA CARNE E SANGUE DOS NOSO SANGUE: FANNOS FALTA E FACÉMOSLLES FALTA.

INCLUSO HAI FAMILIAS QUE FAVORECEN AS RELACIÓNS INTERXERACIONAIS ENTRE PERSOAS QUE NON SON DA FAMILIA.
ESTO SIGNIFICA ENRIQUECEMENTO MUTUO.
Non sei se esta pandemia que estamos padecendo favorecerá as realacións interxeracionais…
Se as favorece, poden ser moi enriquecedoras para todos.

“RELACIÓNS ENRIQUECEDORAS”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES