Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cumio Galaico Asturiana

jueves, 24 de abril de 2008
Cumio Galaico Asturiana: Parabéns polo entendemento. Más ulo o tren? Ulo o ambiente?

Sempre está ben que as diferentes comunidades se entendan. Maiormente as lindantes. “Galegos e Asturianus, curmaus-irmaus”.

Unha eiva grande encontro nas conclusións desta Cimeira. Nen a mais mínima mención para o Camiño de Ferro. Unha liña que unise Galiza con Cantabria e Franza, pasando por Asturias. É so ampliar o ancho de liña do FEVE. Muitiiiisimo menos gasto que a tan cacarexada Y grega en autoestrada que vai entrar pola Fonsagrada.Ou transcantábrica. Non estou en contra de que as fermosas montañas da Fonsagrada gañen comunicación e importancia, mas varias cuestións fican rabuñando no cerebro.

A autoestrada non depende das Comunidades de Galiza nen de Asturias. É unha obra do Ministerio de Fomento da España. Os Presidentes, simplemente súbense ao carro para faceren ver que “tendo amigos en Madrid” vainos ben.

Eles, por si, como representantes de senllas Comunidades non fan reclamacións propias. Seguimos, por tanto coa vella imaxe decimonónica de fomentar a cabeciña agachada e o amiguismo en Madrid, non hai a desexada autoridade e reinvidicación que seria propia dunha sociedade moderna do Sec. XXI, para satisfacer as necesidades dos votantes galegos e asturianos.

O problema ambiental gravisimo en que estamos inmersos, provocado pola emision de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro) non fará mais que aumentar có fomento das autoestradas que incrementan o gasto de combustibles e as Emisions Difusas destes gases, para alem de incrementar a nosa dependencia do petróleo na louca carreira en que estamos metidos. As economias tamén se resinten polo alto prezo deste.

Galiza, que é productora de electricidade, non ten electrificados os seus ferrocarriles. Que mellor maneira para utilizar os nosos recursos, para aforrar gastos en gasolina e fomentar o noso desenvolvimento endoxeno se nos poderia ocurrir?

Este domingo maniféstanse en Madrid grupos ecoloxistas reinvidicando a Saúde da Terra; pola reducción das Emisions de GEI. Malamente vamos camiñar neste senso se non poñemos as vias...

Galiza Periférica? Non ten porque selo. Se por aqui pasase a via que comunique o Cantábrico con Portugal pasariamos a ser país de tránsito, intermedio e ben comunicado. Non sei se algunha vez tiveron que ir desde Ovieu ou Ribadeo a Vigo (onde están a maioria dos Consulados Americanos) Convidoos. É unha aventura.

Polo tanto, mui ben facer Cimeiras. Sempre é bon entenderse. Eu pídolles aos nosos Presidentes que traballen niso, e atendan ás necesidades dos seus cidadans, independentemente dos intereses do seu Partido ou de quen mande en Madrid.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES