Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cruel, penoso e angustioso

viernes, 21 de agosto de 2020
Semella que a calor non abafa tanto. Ó mellor porque é domingo e Deus quere que teñamos a festa en paz. Ou sexa, que a suor non colgue polo noso pingallo. Mentres escoito un tema de amor que o gran Ennio Morricone compuxo para a película "Érase unha vez en América" podo Pingas de Orballo: Cruel, penoso e angustiosodicir e digo que os españois seica tiramos cada día 3.700 toneladas de alimentos, segundo información deste propio xornal. Agora mesmo, se un neno africano (ou sen ser neno) le isto, é normal que se lle vaia a alma ós pés. A min non me quedou outra que dicirlle á muller: escoita, escoita; e linlle o titular. Iso é o mesmo que quedar así como medio fundido. Porque non é tan só que pense na estupidez humana, senón que, non hai moito, un servidor, non é que pasase fame; pero comía mal. Porque comía tan só aquelas catro ou cinco cousas fixas. Xa teño dito que produtos de tenda, nada de nada. E agora vexo como, efectivamente, se tira moita comida, demasiado comida. Adoito ser eu o que recolle a mesa e sufro cando vexo que algún prato se dirixe cara ó cubo do lixo; porque eses restos aínda daban para unha boca. E iso que son dos que non me importa comer as sobras dun día para outro ou durante varios días. Se aínda tivese animais... Pero como non os teño e ver como certa cantidade de comida acabará nun contedor de lixo... ufff, hai que ter un pouco de aguante. Será mellor escoitar a John Lennon co seu "Imagine" para que a música me evada un pouco dun tema cruel, penoso e angustioso. E a seguir coa fartura aniñando na nosa vida.

Inchando o peito
Incho o peito e deixo escapar un suspiro... longo e auténtico. Porque vexo, alá ó fondo, a esperanza colgada da galla dun piñeiro. Está moi alta; pero todo o que semella a imposibilidade de algo, adoita estar afastado das ansias de cada un. Por veces, síntome a Pingas de Orballo: Cruel, penoso e angustiosoPerla Negra sucando os mares polos que as ondas van e veñen coa bravura mesma dun desexo ou coa coraxe dun anhelo.
Incho o peito e reteño o aire durante un tempo. O suficiente como para que circulen ante os meus ollos aqueles momentos ou instantes nos que a miña vida se volveu apta para poder soñar. E soño cos dixomedíxomes dun encontro ou incluso dunha mirada. Porque hai miradas que din máis que mil palabras. E soño con finxir unha realidade que non chega e que, quizais, nunca chegará. Pero sei agatuñar polo tronco do piñeiro para abrazarme á esperanza colgada da galla. Din que non hai nada imposible. Sei que é moito dicir, pero...
Pero incho o peito de novo e, tras uns segundos, deixo escapar os recordos que se acumularon dentro. Poucos pero suficientes para conservar unha historia que foi, que é e que espero que siga sendo. Certo que a vida dá tantas voltas. Si, como unha buxaina. E se non hai peón, a monotonía asenta nese peito no que acocha un corazón amorfo. Non hai peor cousa nesta vida que un corazón que non sente, que non latexa.
Incho o peito e quero conter o aire. Cando empezo coas boqueadas, abro os ollos, abro a boca e deixo que as ilusións volvan ser donas e señoras da miña existencia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES